Participa no cambio cara a un modelo enerxético xusto e sostíbel
A Asemblea Xeral é o órgano máximo de decisión da cooperativa. Nel, as persoas e entidades socias votan para abordar as cuestións máis relevantes: orzamentos, plans de traballo ou estatutos. Á hora de facer as contas, a suma é sinxela: unha persoa, un voto.
Calquera participante propón ideas, debate e participa en liberdade. Ti tamén. Ao intervires na asemblea xeral, convérteste en parte activa do cambio. As túas ideas suman na construción dun modelo enerxético xusto e sostíbel.
Consulta toda a información dispoñíbel das asembleas xerais que levamos celebrado desde 2011 até a actualidade.
Podes descargar os documentos en PDF: axudaranche a comprender a razón de ser deste encontro anual e as decisións que tomamos até agora.