Soy productor
A quién va dirigido
Se produces enerxía de orixe renovábel e tes un volume importante de excedentes, podes vendelos no mercado por xunto. É unha operación rendíbel, mais supón unha serie de trámites e permisos que a poden facer complexa.
En Som Energia representamos persoas e entidades produtoras no mercado por xunto de electricidade, simplificando as xestións e facilitando o seu acceso.
Os nosos prezos son competitivos e transparentes.
Goza dun servizo xestionado por unha cooperativa sen ánimo de lucro, da economía social e solidaria.
Ocupámonos das xestións das túas plantas enerxéticas co mesmo coidado e rigor ca se fosen nosas.
Sabemos que é un servizo complexo, polo que queremos explicalo con claridade, transparencia e pedagoxía.
Levamos tramitado moitos, moitos expedientes, polo que coñecemos todas as xestións que cómpre facer para axilizar o proceso.
Os beneficios reinvístense na cooperativa.
Ingresos
Como produtor, non deixarás de recibir os ingresos que corresponden á enerxía xerada (sexan prezo de venda no mercado ou retribución específica). Consulta as condicións concretas de como recibirás estes ingresos aquí.
Contraprestación
Este servizo ten un custo para ti. Definímolo segundo o tamaño e as características da túa planta.
Tarifa 1
Se tes unha potencia de até 100 kW ou unha planta de autoconsumo con venda de excedentes, pagarás 1,5 €/MWh.
Tarifa 2
Se a potencia da túa instalación é de máis de 100 kW, definiremos o custo en función das súas características.
Requisitos
Calquera gran viaxe comeza por un primeiro paso. Para faceres uso deste servizo, cómpre que formes parte da cooperativa. Ao asociarte, poderás participar nas decisións por medio das comisións de traballo, os grupos locais e a Asemblea.
Ademais, terás a posibilidade de acceder aos servizos que ofrece a cooperativa, como consumo de electricidade verde certificada, investimento en proxectos renovábeis, contratación de servizos sustentábeis etc.
Comeza a viaxe, dá o primeiro paso e únete á nosa cooperativa.