Sobre nós

Som Energia, isto non vai da luz

Demostramos que é posíbel ofrecer enerxía 100 % renovábel desde unha cooperativa sen ánimo de lucro. 

Idealistas? Non: inconformistas.

Que é Som Energia

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro que democratiza as enerxías renovábeis.
Mujer encendiendo la luz reflejando la energía limpia y justa que ofrece Som Energia, con un precio transparente que refleja el coste real y sin intereses ocultos

  • Provemos enerxía 100 % renovábel, sostíbel e accesíbel para todos.
  • A nosa misión é transformarmos o modelo enerxético, pondo o poder en mans das persoas.
  • Defendemos un compromiso firme coa xustiza social e a loita contra o cambio climático.
  • Non agardamos polo cambio, somos activistas que impulsan unha transición enerxética real e efectiva.
  • Garantimos unha transparencia radical, con toda a información clara sobre onde e como se utiliza cada euro.
  • Ofrecemos unha enerxía limpa e xusta, cun prezo transparente que reflicte o custo real e sen intereses ocultos.

Valores

Os valores que nos enchen de enerxía

Como somos unha cooperativa sen ánimo de lucro, reinvestimos parte dos beneficios económicos en crear plantas novas de enerxías renovábeis. 

E hai máis: traballamos pondo os valores sobre a mesa. Con eles chegamos até aquí e hannos acompañar aló onde vaiamos:

Reducimos a pegada de carbono xeneralizando o emprego de enerxías renovábeis certificadas.

Sustentabilidade

Reducimos a pegada de carbono xeneralizando o emprego de enerxías renovábeis certificadas.

En Som Energia fomentamos a participación, tomamos as decisións de forma colectiva e cada voto conta.

Democracia

Fomentamos a participación, tomamos as decisións de forma colectiva e cada voto conta.

En Som Energia pomos as persoas no centro e cremos no coñecemento como motor de cambio.

Humanidade

Pomos as persoas no centro e cremos no coñecemento como motor de cambio.

En Som Energia pomos especial atención á inclusión das diversidades e á equidade de xénero.

Igualdade

Pomos especial atención á inclusión das diversidades e á equidade de xénero. Cremos nun futuro xusto para todas as persoas.

En Som Energia non temos nada que agochar, polo que publicamos as nosas cifras e decisións sen complexos, sen adobíos.

Transparencia

Non temos nada que agochar, polo que publicamos as nosas cifras e decisións sen complexos, sen adobíos.

En Som Energia fortalecemos o tecido cooperativo e fomentamos a participación das persoas socias, sempre.

Cooperación

Fortalecemos o tecido cooperativo e fomentamos a participación das persoas socias, sempre.

En Som Energia todas as nosas decisións están orientadas a xerar cambios positivos na sociedade.

Impacto Social

Todas as nosas decisións están orientadas a xerar cambios positivos na sociedade.

As razóns polas que nos erguemos cada día

Temos un mundo de razóns que nos levan a seguir esforzándonos para que Som Energia siga a medrar, mais quedamos con estas tres:

E se queres máis razóns, aquí che van.

Espertar a ilusión. Demostrar que si é posíbel transformar o sistema enerxético español. Acabar coa apatía, o desencanto e o aburrimento. Facer que o mundo sexa máis verde. Cal é a túa?

Asóciate
Até hoxe, máis de 85 000 persoas decidiron asociarse a Som Energia

As persoas que formamos Som Energia

Até hoxe, máis de 87.000 persoas decidiron asociarse a Som Energia porque saben que a vida está máis alá dos combustíbeis fósiles ou da enerxía nuclear. A vida está no sol, no vento, no que a natureza nos ofrece.

Disque somos idealistas, mais somos inconformistas porque procuramos novas vías:

Únete á enerxía que transforma

Ao te asociares a Som Energia, potencias as enerxías renovábeis no teu territorio. 

Isto significa que, coa túa decisión, estás a coidar da túa contorna e das persoas que te rodean. 

Asóciate
La historia de Som Energia comenzou com un grupo de exestudantes e docentes da Universitat de Girona unímonos para procurar unha alternativa aos combustíbeis fósiles.

Historia de Som Energia

Todo comezou cunha muxica…

… que quería iluminar un mundo atestado de combustíbeis fósiles.

Un grupo de exestudantes e docentes da Universitat de Girona unímonos para procurar unha alternativa aos combustíbeis fósiles.

As renovábeis avanzaban demasiado devagar porque nin as empresas nin as institucións impulsaban o cambio. Así naceu o noso obxectivo: ofrecer enerxía 100 % renovábel a un prezo xusto e romper co dominio das grandes compañías.

Dicían que eramos idealistas, mais en 2010 creamos a cooperativa e en 2011 comezamos a operar. O que parecía un soño fíxose realidade: a revolución enerxética estaba en marcha.

Hoxe aquela muxica…

… dá luz a máis de 120.000 persoas que cren que outra forma de consumir é posíbel. 

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro, mais con ánimo de cambio. E o mellor está por vir. Úneste?

Asóciate
Todo o que acadamos até agora

Producimos de 2012 a 2025

197.152 MWh

Se un fogar español consome 3000 kWh/ano de electricidade, o que producimos serviría para fornecer aproximadamente 65.700 fogares.

Evitamos a emisión (entre 2012 e 2024) de

35.538 toneladas de CO₂

Este CO₂ sería o que absorberían 1.776.889 árbores durante aproximadamente un ano.

Máis de

5.000

persoas socias e non-socias recibiron formación gratuíta en enerxías renovábeis para seguir expandindo a nosa mensaxe polo mundo.

Preguntas poco frecuentes que no sabías que tenías

Únete á enerxía que transforma

Non es idealista: es inconformista. Fai que as túas facturas da luz sirvan para construír un futuro xusto e sustentábel.

Asóciate a Som Energia