Generation kWh
Sobre o proxecto
A diferenza dos empréstitos tradicionais, o retorno non é financeiro, senón enerxético e medioambiental. Contámosche, porque é moi sinxelo:
As persoas ou entidades que queiran fomentar as enerxías renovábeis e teñan unha cantidade de diñeiro que non precisen a curto ou medio prazo, fanlle un empréstito a Som Energia.
Desde a cooperativa investímolo en pór en marcha instalacións de xeración de enerxía renovábel novas.
Som Energia devolve a cantidade achegada en cotas anuais ao longo de 25 anos.
Cada participante achega unha cantidade económica en función da electricidade que emprega ao ano. Por cada 100 € de empréstito, recibe 1 acción enerxética. É dicir, se achegas 1000 €, recibirás 10 accións enerxéticas.
Desde Som Energia administramos a cantidade obtida de todas as achegas para impulsar proxectos de produción de enerxías renovábeis, como a fotovoltaica, a eólica e a minihidráulica.
Cando realizas un empréstito, adquires uns dereitos enerxéticos que duran 25 anos. Con eles podes comezar a recibir electricidade a prezo de custo 12 meses despois da túa achega.
Se estás pensando participar en Generation kWh, pode que che interese coñecer as tarifas de Som Energia.
Para saber como funciona Generation kWh é importante que teñas en conta:
Devolución do teu empréstito: Devolvémosche a túa achega a xuro 0 % ao longo de 25 anos. A primeira cota chega 24 meses logo de faceres a achega, o tempo preciso para pórmos en marcha as instalacións que xerarán enerxía limpa.
Podes recibir enerxía renovábel a prezo de custo durante toda a duración do contrato, 12 meses logo de faceres a achega.
Con esta ferramenta podes calcular cal é a achega axeitada para o teu consumo actual.
Grazas a Generation kWh, xa temos 3 instalacións fotovoltaicas a producir e distribuír enerxía limpa en Ávila, Lleida e Sevilla.
Agora estamos a recoller achegas para construír unha cuarta planta, a de Mas Pinós, no concello de Tiurana (Lleida). Se queres, ti tamén podes participar.
Mira o obxectivo que temos para esta edición e os empréstitos que xa recibimos:
Cantidad prevista para esta edición
3.000.000 €
Cifra acadada
1.688.800 €
Se tes dúbidas, escríbenos a generationkwh@somenergia.coop.