Comunidades enerxéticas
As comunidades enerxéticas son organizacións formadas por particulares, institucións e organizacións dun territorio que se agrupan de forma democrática para producir enerxía verde local e empregala no seu día a día.
O que fai valiosas as comunidades enerxéticas é que os seus membros son os propietarios da enerxía que producen e consomen. Grazas a iso, a súa actividade xera unha mudanza social transformadora nos territorios.
En Som Energia unímonos a outras cooperativas e organizacións da economía social e solidaria co fin de impulsar as comunidades enerxéticas.
Esta alianza permite que persoas e colectivos xeren, compartan e empreguen enerxía renovábel de forma colaborativa. Grazas a isto seguimos a fomentar a sustentabilidade, os valores da economía social e solidaria, así como a soberanía enerxética de persoas e entidades.
Ti tamén podes contribuír a un futuro máis limpo: coñece Som Comunitats e descubre como formar parte.