As nosas instalacións
Falemos do futuro
En Som Energia, non só subministramos electricidade: tamén a producimos. O noso obxectivo é cubrir o 100 % da enerxía que precisamos para non depender do mercado. Para acadalo, promovenos novas plantas de enerxías renovábeis.
Para tomar decisións informadas, escoitamos os axentes de cada territorio: persoas, institucións públicas e organizacións. Estudamos as súas necesidades e analizamos como lles podemos dar resposta.
Grazas a ese diálogo, cando instalamos unha planta enerxética, facémolo coñecendo as circunstancias locais. Iso si: sempre temos presentes os criterios e valores de Som Energia:
Eficiencia enerxética e económica
Excelencia no impacto social e ambiental
Proximidade aos centros de consumo
Proximidade ao punto de conexión á rede eléctrica
Transparencia na nosa actividade sen ánimo de lucro
Persoas socias
+ 86 K
Produción
71,11 GWh/ano
Toda esa enerxía serviría para iluminar Manhattan durante tres anos seguidos.
Contratos
+ 119 K
O lugar onde invistes o teu diñeiro ten un papel importante para impulsar un futuro verde
O cambio comeza adoptando decisións de consumo responsábel. Ti podes potenciar as enerxías renovábeis investindo en Som Energia.
As achegas voluntarias sérvennos para financiar plantas de enerxía renovábel novas. As cotas de devolución inclúen un xuro.
Son empréstitos á cooperativa que empregamos para financiar novas plantas de xeración de enerxía. A cambio, podes obter parte da electricidade producida a prezo de custo.