Vida cooperativa
En Som Energia fomentamos unha implicación activa na nosa actividade. Por iso convidamos as persoas socias máis activas a participaren na difusión do noso labor ou asistindo a feiras e eventos.
Ademais, se te asociaches, podes participar en grupos locais e conectar con colectivos afíns.
En Som Energia contamos con persoas valentes, comprometidas e que están dispostas a transformar o futuro.
Consulta as nosas ofertas de emprego e únete ao equipo que impulsa o cambio fomentando o emprego dunha enerxía xusta, limpa e comunitaria.
Neste espazo de aprendizaxe poden participar todas as persoas, sexan socias ou non.
Na [esc]hola organizamos charlas, obradoiros, conferencias e debates durante unha fin de semana (polo xeral, no outono). Con isto pretendemos ampliar o coñecemento, compartir experiencias e fortalecer a comunidade.
É un espazo de formación onde reflexionamos sobre o cooperativismo e a enerxía segundo os principios da economía social e solidaria.
Únete ás nosas formacións en liña: tes unha modalidade de acceso permanente e outras que son impartidas en datas e horas concretas.
Hackasom vén de hacker e Som Energia. Trátase dun lugar de encontro entre persoas que achegan os seus coñecementos de informática e programación para crear un futuro sostíbel grazas á tecnoloxía.
Som Energia é unha cooperativa sen ánimo de lucro e finánciase principalmente grazas ás achegas voluntarias das persoas e entidades socias, o que garante independencia e estabilidade económica.
Estas achegas permiten financiar proxectos de xeración novos e asegurar que a cooperativa siga a medrar para transformar o modelo enerxético.