Grupos locais de Som Energia
Xa podes ser parte activa da transición enerxética
Os grupos locais son espazos de participación voluntaria onde as persoas socias se unen para desenvolver accións dirixidas a difundir a cooperativa. Hai grupos en distintas áreas xeográficas. Máis abaixo podes buscar os grupos máis próximos a ti.
Cal é o traballo dos grupos locais
Os grupos locais desenvolven diversas liñas de traballo:
- Organizan charlas, coloquios e actos para difundir o labor da cooperativa.
- Organizan foros de formación e debate sobre o rumbo de Som Energia.
- Estabelecen vencellos con colectivos afíns e proxectos locais.
- Actúan como nexo entre as persoas socias e a cooperativa.
Ao te unires a un grupo local, formas parte activa do cambio. Busca no mapa de grupos locais activos e contacta co que che quede máis preto.
Encontro dos grupos locais
Cada ano, os Grupos Locais reúnense para compartir experiencias e reflexionar sobre o futuro. Xuntos buscan novas vías para avanzar cara a un modelo sostible e respectuoso co planeta.
Tes dúas canles para coñecer as actividades dos grupos locais:
Participa
Nesta plataforma atopas información relevante e documentación. Tamén podes debater e votar nos procesos participativos que leva a cabo cada grupo. Calquera persoa socia pode acceder a Participa, sexa ou non dun grupo local.
El Blog de los Grupos Locales de Som Energia
Nel atoparás as novas máis recentes do teu grupo local.