Entidades y Empresas
Axudámoslle á túa organización a aforrar na factura da luz mentres empregas enerxías respectuosas co planeta. Facémolo ademais cun trato próximo, transparente e sen letra pequena.
Fai clic e pásate a Som Energia.
Comunidades veciñais e administracións de predios
Para contratar a luz con Som Energia, cómpre asociarse á cooperativa. Malia que a Lei catalá de cooperativas (pola que nos rexemos) non lles permite ás comunidades veciñais asociárense a unha cooperativa (máis información aquí), podes contratar a luz:
Se queres que a túa comunidade comece a recibir electricidade de fontes sustentábeis de Som Energia, cubre e asina este documento. Despois envíanolo a info@somenergia.coop.
Responde unhas preguntas e atopa o servizo perfecto para ti
Se atúa organización forma parte dunha entidade aglutinadora, podes contratar enerxía 100 % renovábel sen ter que te asociar. Para iso:
Se queres unirte, escríbenos para informarte.
Mapa de entidades e empresas con boa enerxía
Este mapa serve para lles dar visibilidade ás entidades comprometidas co planeta que contrataron a electricidade con Som Energia.
Así facilitamos un intercambio entre persoas e organizacións que coidan o planeta.
Se a túa entidade ten un contrato con Som Energia, podes engadila ao mapa.
Proxectos
Buscamos cubertas asolladas en zonas urbanas para instalar paneis solares que distribúan enerxía limpa de proximidade.
Evita o papelame e as demoras ao vender os excedentes de enerxía: representámoste no mercado da enerxía.
Apoia proxectos renovábeis e produce parte da túa enerxía de forma colectiva, mesmo sen teres instalación propia.
Desde Som Energia reservámonos o dereito a non ofrecer tarifas personalizadas a empresas que non respectan dereitos sociais, ambientais e de igualdade entre as persoas.