GURB
Non precisas instalar placas para gozares da enerxía solar
GURB (xeración urbana) é un proxecto a través do cal Som Energia instala placas solares en cubertas de edificios para compartir a enerxía xerada.
Todas as vivendas e empresas que estean nun raio de 5 km poden beneficiarse desta enerxía.
Como te podes beneficiar?
Se queres aproveitar a enerxía que xeran as placas, teste que inscribir no proxecto e pagar unha cota mensual, que cambia segundo a participación que escollas (0,5 kW, 1 kW…).
En función da participación, recibirás unha parte da enerxía que xeren as placas. Será como se che correspondesen unha ou dúas placas solares. Canta máis potencia contrates (máis participación), máis enerxía recibirás na casa: a que xeren as placas equivalentes.
En Som Energia encargámonos de todo: instalación, xestión e mantemento. Ti recibes a túa parte de enerxía solar na casa, sen instalares nada, e contribúes a unha enerxía máis limpa e local.
Que necesitas para unirte?
- Teres un contrato de subministración eléctrica en vigor con Som Energia.
- Que a vivenda ou empresa que reciba enerxía verde estea a menos de 5 km da instalación solar (do GURB).
- Non teres ningún servizo de autoconsumo activado; isto é, non teres placas na casa nin estar asociada a ningún outro autoconsumo.
Que prezo ten o proxecto GURB?
- Custo de adhesión: pagamento único de 50 euros (IVE incluído).
- Cota mensual: depende da potencia contratada e da tipoloxía de usuaria.
A continuación explicamos os dous tipos de cota que existen:
Particulares
Para viviendas y negocios (con tarifa 2.0TD):
- Factúrase: 0,362 €/día + IVE por 1 kW contratado.
- Equivale a unha cota mensual duns 13 € por 1 kW (IVE incluído). Este custo inclúese na factura da luz.
Empresas
Para empresas (con tarifa 3.0TD):
- Factúrase: 0,279 €/día + IVE por 1 kW contratado.
- Equivale a unha cota mensual duns 10 € por 1 kW (IVE incluído). Este custo inclúese na factura da luz.
Podes ler as Condicións Específicas deste servizo.
Información para particulares e pequenos negocios (tarifas 2.0TD)
Información para empresas (tarifas 3.0TD)
A potencia óptima para contratar o GURB cambia en función de varios factores, como o teu consumo anual, pero tamén as horas en que se produza ese consumo. A continuación propoñemos uns valores estimados da potencia GURB que se pode contratar en función do consumo.
Para contratos domésticos (con tarifa 2.0TD)
| Consumo eléctrico anual* | Te recomendamos contratar |
| 1.000 kWh - 2.500 kWh | 0,5 kW |
| 2.500 kWh - 4.000 kWh | 1 kW |
* Podes atopar o teu consumo anual en calquera factura de electricidade.
Se o teu consumo anual é inferior a 1.000 kW, tamén podes participar nun GURB e ter enerxía solar de proximidade. No entanto, é posíbel que o aforro obtido polo autoconsumo sexa inferior á cota anual de servizo que terás que aboar, polo que podería supor un incremento da factura.
Calcula el potencial ahorro
Con la calculadora, puedes obtener una estimación aproximada de la potencia GURB a contratar, y el potencial ahorro anual que te podría suponer
Si prefieres un estudio personalizado, puedes enviar tu última factura a gurb@somenergia.coop
Este estudio se ha realizado a partir de unos perfiles de consumo estándar simulados y considerando las tarifas actuales de Som Energia y una producción anual de 1.500 kWh/kWn. En cualquier caso, el ahorro obtenido dependerá de diversos factores, como el consumo que se tenga y la tarifa eléctrica en cada momento.
Para podermos desenvolver GURB, estamos a buscar cubertas en que instalar placas solares.
Se tes unha cuberta, tes un tesouro
Se es unha persoa, entidade ou institución pública e tes unha cuberta ou tellado en propiedade que se atopa nunha zona urbana, podes alugar o espazo a Som Energia.
Con isto estarás a favorecer que moitas máis persoas poidan acceder a enerxía 100 % renovábel de proximidade.
Encargámonos de todo: a instalación, o mantemento e a distribución da enerxía.
A cambio da cesión do espazo, recibes unha cota económica anual.
Podes empregar parte da enerxía xerada na túa cuberta sen custo ningún.
Requisitos da cuberta
| Superficie | 700 m² ou máis |
| Orientación | Preferentemente sur e sen sombras |
| Ubicación | Núcleo urbano nun raio de 2 km |
| Material | Que non sexa de fibrocemento |
Se tes en propiedade unha cuberta con estas características, cubre o formulario e contactaremos contigo.