Som Energia naceu en 2010 co propósito de traer un aire novo ao mercado eléctrico. O noso obxectivo: crear unha alternativa real e sostíbel baseada en enerxías 100 % renovábeis. E que queres que che digamos? Funcionou!
Demostramos que xeneralizar as enerxías limpas e respectuosas co planeta si é posíbel. Agora tócache a ti.
AsóciateCada vez que alguén se asocia a Som Energía, medramos. Se nós medramos, tamén medran as enerxías renovábeis, a conciencia medioambiental e a posibilidade dun futuro xusto e sostíbel:
Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro, polo que reinvestimos todas as ganancias en proxectos que xeran máis enerxía verde.
Queremos que sexas parte do cambio: ti tamén votas. En Som Energia, a túa opinión é importante. Por iso, como membro da Asemblea Xeral participas votando nas decisións relevantes.
Demostramos que outra forma de consumir é posíbel, rompendo o oligopolio das compañías enerxéticas cunha alternativa 100 % renovábel.
Máis de 85.000 persoas e organizacións inconformistas xuntámonos para crear un futuro sostíbel, limpo e libre. Só nos faltas ti.
Cubre o formulario cos teus datos e aboa un único pagamento.
Calquera persoa ou entidade pode unirse facendo unha achega única ao capital social de 100 euros.
Poderás darte de baixa como persoa socia notificándoo por escrito e recuperarás o importe que achegaches, segundo se contempla no artigo 14 dos Estatutos.
Por que asociarte a Som Energia
E non só iso: tamén estarás a tomar unha decisión coherente cos teus valores, pois estarás a elixir consumo responsábel e a destinar o diñeiro das túas facturas a crear un futuro limpo e xusto.
Por iso, cando te asocias a Som Energia: