En Som Energia sabemos que as persoas son o motor da transformación que buscamos.
Únete ao noso equipo: comeza a traballar por un modelo enerxético 100 % renovábel, xusto e sustentábel. Desde Som Energia ofrecémosche unha contorna laboral horizontal e desde a autoxestión.
Cada membro do noso equipo é clave para impulsar un futuro enerxético xusto e responsábel.
Nas nosas ofertas laborais atoparás a túa oportunidade para contribuír á enerxía do cambio.
Cremos no talento e a iniciativa das persoas que comparten a nosa visión. Se non atopas un posto que encaixe contigo, envíanos a túa candidatura. Coñezámonos: cóntanos as ideas que vas achegar ao noso equipo.
Traballar en Som Energia é formar parte do cambio. Por iso, evitamos as estruturas herdadas e procuramos a nosa propia forma de acadar metas desde a autoxestión.
En Som Energia ofrecémosche:
Unha contorna de traballo sen xerarquías ríxidas, baseada na colaboración e non na competición.
Un compromiso coa sustentabilidade e o impacto social.
Un modelo participativo onde todas as voces contan.
A oportunidade de contribuíres de forma activa á mudanza enerxética e social.