Coñece a Intervención de Contas

O órgano que garante a transparencia económica de Som Energia

Que é a Intervención de Contas?

Trátase dun órgano social de Som Energia que ten como principal misión seguir a actividade económica da cooperativa. O seu propósito é constatar ante as persoas e entidades socias que as contas son correctas e propor a súa aprobación á Asemblea Xeral.

A Intervención de Contas coñece de primeira man a información e xestión económica de Som Energia. Por iso pode achegar ideas e suxestións (sempre dentro do ámbito económico) para garantir que a nosa xestión financeira sexa coherente cos valores e o obxecto social da cooperativa.

Quen forma parte da Intervención de Contas

A Intervención de Contas é un órgano formado por tres persoas socias elixidas pola Asemblea Xeral. 

O labor que levan a cabo é voluntario e non-remunerado, aínda que perciben unha compensación polas viaxes e outros gastos. Isto asegura a accesibilidade de calquera persoa que queira formar parte deste órgano. 

Conoce el equipo de Intervención de Cuentas
Consulta os informes dos anos pasados

Aquí podes consultar os informes económicos dos anos pasados. Descarga os documentos para coñecer en profundidade o traballo da Intervención de Contas.

Como formar parte da Intervención de Contas

Para formar parte da Intervención de Contas, cómpre presentar unha candidatura, que será sometida á elección durante a asemblea xeral. O cargo dura 3 anos, é voluntario e non está remunerado. 

O habitual é que as candidaturas se abran uns meses antes de que remate o mandato. Se tes interese en presentar unha candidatura, mantente ao tanto das nosas novas.