Soy productor
Unha solución sinxela
Cando Som Energia xestiona a túa planta, evitas dores de cabeza, aforras tempo e asegúraste de estar a obter o máximo rendemento da túa instalación.
Con Xestor de Plantas supervisamos e administramos instalacións fotovoltaicas co fin de optimizar o seu funcionamento e reducir riscos. E facémolo co mesmo agarimo ca coas nosas.
Neste servizo, contemplamos todos os aspectos:
Monitorización diaria con alarmas para detectar fallos e actuar con rapidez.
Intervención rápida con provedores de confianza vencellados a Som Energia.
Coordinación con empresas, aseguradoras e operadoras do sistema.
Informes periódicos e xuntanzas de seguimento para que esteas ao tanto de todo.
Ademais, estabelecemos contigo canles de comunicación directa para resolver as túas dúbidas e proporche melloras.
Mediante un seguimento constante, reducindo correctivos e optimizando o rendemento.
Cunha resposta rápida ante as incidencias co fin de minimizar perdas económicas.
E coñecemos as novas regulacións antes de que entren en vigor. Non deixamos cabo solto.
Porque coñecemos e aplicamos a tecnoloxía que mellora a eficiencia da túa planta.
Con Xestor de Plantas, aforras tempo e recursos ao deixar nas nosas mans algo que se nos dá moi ben: converter en enerxía o que o Sol nos ofrece.
Este servizo é para ti se:
Produces enerxía fotovoltaica e buscas unha xestión eficiente e segura da túa instalación.
Queres ter a seguridade de tirar o máximo rendemento para o tamaño da túa instalación.
En Som Energia levamos máis dunha década construíndo e xestionando plantas fotovoltaicas. Como has imaxinar, isto fai que coñezamos de primeira man a lexislación, a tecnoloxía e os problemas técnicos que poden xurdir.
Na actualidade, xestionamos un total de 22 instalacións en varias comunidades autónomas. Isto supón que administramos plantas cunha potencia total de 30,6 MWp.
Ti tamén podes liberar o teu tempo e carga mental para optimizar a produción da túa instalación. Cubre o formulario para solicitar orzamento.