Rede de empresas instaladoras

Camiñar cara á transición enerxética é máis doado do que pensas

Dos personas andando por la montaña como si fueran hacia la transición energética

En Som Energia, queremos facilitar que as persoas e entidades socias poidan seguir avanzando cara á transición enerxética. Podémosvos pór en contacto con empresas instaladoras especializadas da vosa zona para levardes a cabo as vosas instalacións.

Instalacións fotovoltaicas

Axudámosche a instalar paneis no teu tellado para que comeces a producir enerxía propia na túa casa ou organización.

Instalacións colectivas

O edificio da túa vivenda tamén pode comezar a producir enerxía limpa que chegue ás vivendas e á comunidade.

Aerotermia

Explora opcións, como os sistemas de aerotermia, que son máis limpas, eficientes e sustentábeis ca o gas para climatizar a túa vivenda.

Ampliacións fotovoltaicas

Se xa tes unha instalación de enerxía solar, mais precisas ampliala ou engadir elementos, sabemos quen o pode facer. Pregúntanos.

Mantemento de instalacións

Para que a túa instalación fotovoltaica funcione coma un reloxo, precisarás servizos como revisións e limpezas. Consúltanos que profesionais o farán con maior esmero.

Punto de carga para vehículos eléctricos

Se estás a pensar en pasar á mobilidade eléctrica ou precisas unha toma para o teu vehículo enchufábel, axudámosche a ter a instalación eléctrica que necesitas.

Baterías

Aproveita toda a enerxía autoxerada e tira proveito dos excedentes grazas ás baterías conectadas aos teus paneis solares.

Sistemas de apoio de enerxía

Garante a subministración eléctrica básica no teu fogar ou na túa empresa, mesmo no caso dun corte na rede xeral, grazas ao funcionamento da instalación en modo «illa».

Xestión intelixente da enerxía (IA)

Maximiza a eficiencia da túa instalación con sistemas que deciden de forma automática o mellor momento para consumir, cargar baterías ou xestionar os excedentes.

Motivos para empregar a rede de empresas instaladoras

Tanto ten cales sexan as túas circunstancias: podemos pórte en contacto con empresas da túa zona se vives nun piso ou nunha casa, se es unha empresa ou unha persoa física.

Así é moito máis doado participar na transición cara a un modelo enerxético limpo e xusto.

Contacta connosco

Os principais motivos para empregar este servizo

  • Descontos: se te asociaches a Som Energia, tes descontos nos servizos que contrates. 
  • Acceso prioritario a campañas de lanzamento de produtos e servizos antes de que as coñeza o público xeral.
  • Promocións no mantemento e en produtos das empresas instaladoras, como placas ou baterías. 
  • Prezos xustos: as entidades da economía social tamén teñen tarifas competitivas.
  • Transparencia e responsabilidade: facilitamos o contacto entre persoas e empresas instaladoras, sen letra pequena nin lerias.
  • Xestión directa: tanto o contacto inicial coma o contrato son entre ti e a empresa instaladora.

Aforra tempo e esforzo na túa viaxe cara ás enerxías limpas.

Contacta connosco

Preguntas frecuentes