20 marzo 2019
[Tamén en: Castellano y Català]
Logo da boa aceptación das dúas primeras edicións, con máis de 70 proxectos presentados, hoxe, mércoles 20 de marzo do 2019 e coincidindo coa chegada da primavera, abrimos as inscripcións na 3ª Edición do Germinador Social! Aquí están os detalles para participar:
O Germinador Social é un concurso impulsado por Som Energia e Coop57 que pretende estimular a creación de novos proxectos que xeren modelos innovadores de iniciativas sociais, enerxía renovable e eficiencia enerxética no marco da Economía Social e Solidaria, e que teñen como obxetivo a transición enerxética.
O Germinador Social está aberto a iniciativas dentro do territorio español que sexan de creación recente (proxectos con menos de 3 anos de vida) e aquelas, xa existentes, que inicien unha nova liña de actividade dentro da organización. Os proxectos que se presenten deben contribuír á transición enerxética e deben organizarse nalgunha das seguintes formas de Economía Social e Solidaria:
A novidade máis destacada é un premio especial no ámbito da Pobreza Enerxética. Animamos a imaxinar un novo modelo enerxético libre de desigualdades ao tempo que salientamos o noso compromiso en reverter os efectos nocivos do modelo económico e social actual. Así, os proxectos deben presentarse dentro dun destes dous ámbitos:
Tamén hai novidades destacadas na concesión dos premios. Por unha banda, este ano as votacións populares decidirán directamente un dos premios. E pola outra, do mesmo xeito que en pasadas edicións, haberá un premio concedido polos asistentes no acto final do concurso, no marco da Escola de Som Energia, coa diferenza que este premio, contará este ano coa colaboración da cooperativa Opcions. Tamén se engadiron varias melloras nos prazos e as fases das bases do concurso.
Por parte de Som Energia, os premios consisten nunha achega económica a fondo perdido de 31.500 euros, a repartir entre os proxectos gañadores. Este importe xorde dos recursos que se reciben a través do donativo voluntario dos contratos de electricidade. Por outra banda, en caso de concederse un préstamo por parte de Coop57, este terá unha redución do 50% do custo financeiro asociado durante os dous primeiros anos.
¡Animádevos a participar! E se coñecedes algunha persoa ou organización que poida estar interesada, podedes facer difusión e axudarnos a apoiar así o camiño cara á transición enerxética.