Garantindo a transparencia de Som Energia
A memoria social e económica é un informe no que recollemos os fitos da nosa actividade do último ano. Presentámola na asemblea xeral que se celebra cada ano.
Neste documento has atopar información financeira, enerxética e social. Serve para pór en valor o impacto da cooperativa na sociedade e recolle aspectos como os seguintes:
Accións coas que promovemos o autoconsumo e as comunidades enerxéticas
Evolución do número de persoas socias
Actividade dos grupos locais
Creación de novos postos de traballo
Medidas que adoptamos para crear unha contorna de traballo segura
Calendario democrático