POLÍTICA DE PRIVACIDADE

SOM ENERGIA, SCCL está especialmente sensibilizada na protección de datos de carácter persoal das persoas Usuarias dos servizos da páxina Web. Mediante a presente Política de Privacidade (en adiante, a Política) SOM ENERGIA, SCCL informa ás USUARIAS de sitios web www.somenergia.coop, así como do servizo de CorreoWeb, do tratamento e usos aos que se someten os datos de carácter persoal que se recollen na Web, co fin de que poidan decidir, libre e voluntariamente, se desexan facilitar a información solicitada.
SOM ENERGIA SCCL resérvase a facultade de modificar esta Política co obxecto de adaptala a novidades lexislativas, criterios xurisprudenciais, prácticas do sector ou intereses da entidade. Calquera modificación desta política será anunciada con antelación para informar ás Usuarias.

TITULARIDADE DO TRATAMENTO
Os datos de carácter persoal recabados nos formularios, cuestionarios electrónicos ou, no seu caso, impresos descargables son incorporados a ficheiros titularidade de SOM ENERGÍA SCCL, debidamente inscritos no Rexistro Xeral de Protección de Datos.

USOS E FINALIDADES
A finalidade da recollida e tratamento dos datos persoais, a través dos formularios e cuestionarios electrónicos ou, no seu caso, de impresos descargables postos a disposición das Usuarias, responde, segundo o caso concreto, para xestionar e atender a solicitudes de información, dúbidas ou suxestións, ou ben nas publicacións ou calquera dos servizos ou actividades, actos ou eventos prestados, ofrecidos por SOM ENERGIA SCCL. Así mesmo, os datos poderán ser utilizados para enviar información, por calquera medio, sobre os aspectos anteriores, e en relación a outros servizos ou produtos de SOM ENERGIA SCCL.

CESIÓN OU COMUNICACIÓN DOS DATOS
Os datos persoais recabados a través dos formularios e cuestionarios electrónicos ou, no seu caso, impresos descargables non serán cedidos ou comunicados a terceiros, agás nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidades expresadas anteriormente, nos supostos previstos segundo a Lei, así como en casos específicos dos que se informe expresamente á Usuaria.

ACTUALIZACIÓN DOS DATOS
Co fin de que os datos existentes nos nosos ficheiros, informáticos e/ou papel, sempre correspondan á realidade, procurarase mantelos actualizados. De tal maneira, a estes efectos, a Usuaria deberá realizar os cambios, directamente, cando así estea habilitado ou comunicándose por medio fidedigno, coa área ou departamento correspondente de SOM ENERGIA SCCL.

SEGURIDADE DOS DATOS
No marco do cumprimento da lexislación vixente, recollida na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, sobre protección de Datos de Carácter Persoal (LOPD), SOM ENERGIA SCCL adoptou no seu sistema de información as medidas técnicas e organizativas legalmente requiridas, a fin de garantir a seguridade e confidencialidade dos datos almacenados, evitando así, na medida do posible, a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.

DEREITOS DAS USUARIAS
A usuaria poderá, en todo momento, exercitar os dereitos recoñecidos na LOPD, de acceso, rectificación, cancelación e oposición. As persoas poden exercitar estes dereitos polas seguintes vías:
a) Por correo postal no enderezo:
Som Energia SCCL
Calle Pic de Peguera, 11
Edificio Giroemprèn, despacho A2.08
17003 – Girona.

b) Enviando un correo electrónico a: info@somenergia.coop

CONDICIÓNS E TERMOS DE USO
Con carácter xeral, e sen prexuízo das condicións e termos particulares que se fixen nos apartados correspondentes a servizos concretos, a Usuaria obrígase ao cumprimento das presentes condicións e termos de uso, e a obrar sempre conforme á lei, ás boas costumes e ás esixencias da boa fe, empregando a dilixencia axeitada á natureza do servizo do que goza, absténdose de utilizar o sitio Web, de calquera forma que poida impedir, danar ou deteriorar o normal funcionamento do mesmo, os bens ou dereitos de SOM ENERGIA SCCL, do resto de Usuarias ou en xeral de calquera terceiro.
En particular, e sen que iso implique restrición algunha á obriga asumida pola Usuaria con carácter xeral de conformidade co apartado anterior, a Usuaria obrígase, na utilización dos sitios web titularidade de SOM ENERGIA SCCL a:
Non introducir, almacenar ou difundir en ou dende os sitios Web, calquera información ou material que fora difamatorio, inxurioso, obsceno, ameazador, xenófobo, incite á violencia, á discriminación por razón de raza, sexo, ideoloxía, relixión ou que de calquera forma atente contra a moral, a orde pública, os dereitos fundamentais, as liberdades públicas, o honor, a intimidade ou a imaxe de terceiros e en xeral a normativa vixente.
Non introducir, almacenar ou difundir mediante os sitios Web ningún programa de ordenador, datos, virus, código, equipo de hardware ou de telecomunicacións ou calquera outro instrumento ou dispositivo electrónico ou físico que sexa susceptible de causar danos nos sitios Web, en calquera dos servizos, ou en calquera dos equipos, sistemas ou redes de SOM ENERGIA SCCL, de calquera Usuaria, ou en xeral de calquera terceiro, ou que de calquera outra forma sexa capaz de causarlles calquera tipo de alteración ou impedir o normal funcionamento dos mesmos.
Custodiar adecuadamente o “Nome de Usuaria” (Login) e o “Contrasinal” (Password) que sexan facilitados por SOM ENERGÍA SCCL ás Usuarias como elementos identificadores e habilitadores para o acceso aos diferentes servizos ofrecidos no sitio Web de SOM ENERGIA SCCL, comprometéndose a non ceder o seu uso nin a permitir o acceso de terceiros, asumindo a responsabilidade polos danos e prexuízos que puideran derivarse dun uso indebido.
Neste sentido, se para a utilización dun servizo dos sitios Web, a Usuaria debera proceder ao seu rexistro, esta será responsable de aportar información veraz e lícita. Se como consecuencia do rexistro, se dotase á Usuaria dunha identificación e/ou contrasinal, esta comprométese a facer un uso dilixente e a manter en segredo o contrasinal para acceder a estes servizos. En consecuencia, as Usuarias son responsables da adecuada custodia e confidencialidade de calquera identificador e/ou contrasinais que lle sexan subministradas por SOM ENERGIA SCCL, e comprométense a non ceder o seu uso a terceiros, xa sexa temporal ou permanente, nin a permitir o seu acceso a outras persoas.
En virtude do anterior, é obriga da Usuaria notificar de forma inmediata a SOM ENERGIA SCCL, sobre calquera feito que permita o uso indebido dos identificadores e/ou contrasinais, tales como o roubo, extravío, ou o acceso non autorizado, co fin de proceder á súa inmediata cancelación. Mentres non se comuniquen tales feitos, SOM ENERGIA SCCL quedará eximida de calquera responsabilidade que puidera derivarse do uso indebido dos identificadores ou contrasinais por terceiros non autorizados.
Non realizar actividades publicitarias, promocionais ou de explotación comercial a través dos sitios Web, non utilizando os contidos e en particular a información obtida a través do sitio Web para remitir publicidade, enviar mensaxes con fins de venta ou con calquera outro fin comercial, nin para recoller ou almacenar datos persoais de terceiros.
Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade de outras na utilización dos sitios Web ou na utilización de calquera dos servizos da Web, incluíndo a utilización no seu caso de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma.
Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, informacións, programas ou documentos electrónicos de SOM ENERGIA SCCL, ou terceiros.

COOKIES

En cumprimento do Real Decreto-Lei 13/2012, Som Energia pide o teu permiso para instalar cookies co fin de obter datos estatísticos da túa navegación nesta páxina web. De continuar utilizando “somenergia.coop” estás a aceptar a instalación e o uso de cookies. Política de privacidade. Sobre os cookies.
Sobre o uso das galletas ou cookies neste sitio web.

Unha galleta (ou cookie en inglés) é un pequeno fragmento de código que os sitios web que visitas envían ao teu navegador. A súa función é diversa, por exemplo:
Hai galletas de preferencias, que serven por exemplo para recordar o idioma que escolliches para navegar.
Hai galletas de procesos que memorizan algúns datos cando accedes a unha área privada para telas en conta o día que volvas, como por exemplo un carriño da compra nunha tenda online.

Hai cookies de seguridade, que serven para impedir que outra persoa faga un uso fraudulento das túas credenciais de acceso.

Tamén hai cookies de publicidade, que rexistran datos relacionados coas túas procuras en Internet para adaptar os teus gustos/intereses mellor aos tipos de anuncios que aparecen nos sitios web visitados.
Finalmente hai cookies de análise, como as de Google Analytics, que envían información ás propietarias da web para entender mellor como interactúan os visitantes. Estas cookies recompilan información estatística sobre o uso do sitio web sen identificar persoalmente ás visitantes.

En todos os casos as cookies conseguen que os sitios web sexan máis útiles para ti e nós considerámolas un recurso para facer que a web sexa máis efectiva, útil e práctica. Sempre respectamos a túa intimidade e a de todas as persoas que nos visitan, como debe ser.

Som Energia usa cookies de análise,concretamente para que Google Analytics nos facilite datos sobre as visitas deste sitio web, sempre de forma anónima, e poidamos mellorar os contidos que ofrecemos. Podes consultar máis información relacionada coa privacidade dos teus datos e as cookies Google Analytics aquí: https://developers.google.com/analytics/devguides/collection/analyticsjs/cookie-usage

Podes cambiar de opinión e eliminar as cookies cando queiras.
Para consultar e xestionar as cookies instaladas no teu equipo tes que mudar a configuración do teu navegador. Atoparás información detallada nos seguintes enlaces:
Se navegas con Firefox: http://support.mozilla.org/es/products/firefox/privacy-and-security/cookies
Se navegas con Chrome: http://support.google.com/chrome/bin/answer.py?hl=es&;answer = 95647
Se navegas con Internet Explorer: https://support.microsoft.com/ca-es/products/microsoft-edge
Se navegas con Safari: https://support.apple.com/es-es/HT201265
Se necesitas máis detalles sobre o uso que facemos das cookies escríbenos a info@somenergia.coop informarémoste.

AVISO LEGAL

Responsabilidade da web
Som Energia é a marca comercial de SOM ENERGIA SCCL con CIF F55091367, con domicilio na rúa del Pic de Peguera 11 do Parque Científico e Tecnológico da UdG, 17003 Girona, a cal actúa como titular, dinamizadora e xestora de contidos da web: www.somenergia.coop.

Concepto de usuaria
A utilización da web atribúe a condición de usuaria e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das disposicións incluídas neste Aviso Legal na versión publicada por SOM ENERGIA no mesmo momento que a usuaria acceda á Web. SOM ENERGIA informará ás usuarias de calquera cambio neste Aviso legal.
Información sobre os enlaces ou links
SOM ENERGIA no se fai responsable das webs non propias ás que se pode acceder mediante vínculos ou de calquera contido posto a disposición por terceiros. Calquera uso dun vínculo ou acceso a unha web non propia é realizado por vontade e risco exclusivo da usuaria e SOM ENERGIA non recomenda nin garante ningunha información obtida a través dun vínculo alleo á web de SOM ENERGIA nin se responsabiliza de ningunha perda, reclamación ou prexuízo derivado do uso ou mal uso dun vínculo, ou da información obtida a través del, incluíndo outros vínculos ou webs, da interrupción no servizo ou no acceso, ou do intento de usar ou usar mal un vínculo, tanto o conectar á web de SOM ENERGIA como ao acceder á información doutras webs dende a web de SOM ENERGIA.
Información sobre a utilización de cookies ou cookies
Nesta web pódense estar a utilizar cookies nalgunhas páxinas. A finalidade desas cookies é mellorar o servizo que ofrecemos aos nosos clientes e as persoas que nos visitan. As cookies son pequenos ficheiros de datos que se xeran no ordenador do usuario e que permiten obter a seguinte información:
· Data e hora da última vez que a usuaria visita o sitio.
· Deseño de contido que a usuaria escolleu na súa primeira visita á web.
· Elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.
Renuncia e limitación da responsabilidade
A información e servizos incluídos ou dispoñibles a través das páxinas web poden incluír incorreccións ou erros tipográficos. De forma periódica incorpóranse cambios á información contida. SOM ENERGIA pode introducir en calquera momento melloras e/ou cambios nos servizos ou contidos.
SOM ENERGIA obtivo a información e os materiais incluídos na web de fontes consideradas como fiables, mais, se ben se tomaron as medidas correspondentes para asegurar que a información contida sexa correcta, non garante que sexa exacta e actualizada.
Tamén se advirte que os contidos desta Web, teñen dúas finalidades, unha finalidade informativa en canto á calidade, situación, servizos e tarifas e outra de venta de produtos segundo o previsto no presente aviso legal e demais textos legais do presente sitio.
Información sobre a exención de toda a responsabilidade derivada de un fallo técnico e de contido
SOM ENERGIA declina calquera responsabilidade no caso de que existan interrupcións ou un mal funcionamento dos servizos ou contidos ofrecidos na rede, calquera que sexa a súa causa. Así mesmo, SOM ENERGÍA non se fai responsable por caídas da rede, perdas de negocio a consecuencia desas caídas, suspensións temporais do fluído eléctrico ou calquera outro tipo. SOM ENERGIA non declara nin garante que os servizos ou contidos non sexan interrompidos ou que estean libres de erros, que os defectos sexan corrixidos, ou que o servizo ou o servidor que o pon a disposición estean libres de virus ou outros compoñentes nocivos, sen prexuízo de que SOM ENERGIA realiza os seus mellores esforzos en evitar este tipo de incidentes. No caso de que a usuaria tomase determinadas decisións ou realizase accións con base á información incluída en calquera dos sitios web, recoméndase a comprobación da información recibida con outras fontes.

Propiedade industrial e intelectual
Dos contidos creados e xerados por SOM ENERGIA así como os contidos vertidos na rede a través das súas páxinas Web, é permitida a copia, distribución, comunicación e a copia privada seguindo a licencia CREATIVE COMMONS, 3.O (http://creativecommons.org/licenses/by-sa/3.0/es/deed.ca)
Porén os logotipos, iconas, botóns, software, nomes comerciais, marcas, debuxos industriais ou calquera outros signos propiedade de terceiros titulares que autorizaron debidamente a súa inclusión nos diferentes sitios web de SOM ENERGIA, quedan excluídos desta licencia de uso.
Os contidos, imaxes, formas, opinións, índices e demais expresións formais que formen parte das páxinas web, así como o software necesario para o funcionamento e visualización das mesmas, constitúen así mesmo unha obra no sentido do Dereito de Autor e quedan, polo tanto, protexidas polas convencións internacionais e lexislacións nacionais en materia de Propiedade intelectual que resulten aplicables. O incumprimento do sinalado implica a comisión de graves feitos ilícitos e a súa sanción pola lexislación civil e penal.
SOM ENERGIA é libre de limitar o acceso ás páxinas web, xa que os produtos e/ou servizos nela ofrecidos, así como a conseguinte publicación das opinións, observacións, imaxes ou comentarios que as usuarias podan facerlle chegar a través do correo electrónico.

SOM ENERGIA neste senso, poderá establecer, se o considera oportuno, sen prexuízo da única e exclusiva responsabilidade das usuarias, os filtros necesarios a fin de evitar que a través das súas páxinas web poidan verterse na rede contidos ou opinións, considerados como racistas, xenófobos, discriminatorios, pornográficos, difamatorios ou que, de calquera modo, fomenten a violencia ou a diseminación de contidos claramente ilícitos ou nocivos.
Aquelas usuarias que envíen aos sitios web de SOM ENERGIA, ao seu departamento de suxestións, observacións, opinións ou comentarios por medio do servizo de correo electrónico, agás que expresen de maneira certa e veraz o contrario, nos casos nos que pola natureza dos servizos ou contidos isto sexa posible, enténdese que autorizan a SOM ENERGÍA para a reprodución, distribución, exhibición, transmisión, retransmisión, emisión en calquera formato, almacenamento en soportes físicos ou lóxicos (por exemplo, disquetes ou disco duro de ordenadores), dixitalización, posta a disposición dende bases de datos pertencentes a SOM ENERGIA, tradución, adaptación, arranxo ou calquera outra transformación de tales observacións, opinións ou comentarios, por todo o tempo de protección de dereito de autor que estea previsto legalmente.

Así mesmo, enténdese que esta autorización faise de balde, e que polo só feito de enviar por correo electrónico esas observacións, opinións ou comentarios, as usuarias declinan calquera pretensión remuneratoria por parte de SOM ENERGIA.

De acordo co sinalado no parágrafo anterior, SOM ENERGIA queda autorizada igualmente para proceder á modificación ou alteración desas observacións, opinións ou comentarios, a fin de adaptalos ás necesidades de formato editorial das páxinas web, sen que por iso poida entenderse que existe en absoluto calquera tipo de lesión de ningún tipo das facultades morais de dereito de autor que as usuarias puideran ostentar sobre aquelas.