AVISO LEGAL DE
www.somenergia.coop

Esta páxina web é propiedade de SOM ENERGIA, SCCL (en diante, SOM ENERGIA), con NIF nº F55091367 e enderezo en C/ Pic de Peguera, 11 – 17003 Girona e Inscrita no Rexistro de Cooperativas de Girona Folla 13936 Inscrición 1ª.

Para calquera consulta ou proposta, contáctenos chamando ao teléfono + 34 872 202 550 ou no correo electrónico gdpr@somenergia.coop.

Así mesmo, poñemos ao seu dispor un Delegado de Protección de Datos que non só se encargará de supervisar todos os tratamentos de datos que se realicen na nosa entidade, senón que poderá atendelos para calquera cuestión relacionada co tratamento dos datos persoais. Os datos de contacto do noso delegado de protección de datos son: Lant Abogados (Lant Advisors, S.L.P.) – somenergia@delegado-datos.com.

Esta páxina web réxese pola normativa exclusivamente aplicábel en España, quedando sometida a ela tanto nacionais como estranxeiros que utilicen esta web.

O acceso á nosa páxina web por parte da persoa USUARIA é gratuíto e está condicionado á previa lectura e aceptación íntegra, expresa e sen reservas das presentes CONDICIÓNS XERAIS DE USO vixentes no momento do acceso, que pregamos lea detidamente. A USUARIA, no momento que utiliza o noso portal, os seus contidos ou servizos, acepta e sométese expresamente ás condicións xerais de uso do mesmo. Se a USUARIA non estivese de acordo coas presentes condicións de uso, deberá absterse de utilizar este portal e operar por medio do mesmo.

A subministración de datos persoais e a compra de produtos e servizos a través do noso portal require unha idade mínima de 18 anos ou, no seu caso, dispor de capacidade xurídica suficiente para contratar.

En calquera momento poderemos modificar a presentación e configuración da nosa web, ampliar ou reducir servizos, e incluso suprimila da Rede, así como os servizos e contidos prestados, todo isto de xeito unilateral e sen previo aviso.

1. PROPIEDADE INTELECTUAL Subir al índice ↑

Todos os contidos, textos, imaxes e códigos fonte son propiedade de SOM ENERGIA ou de terceiros aos que se adquiriron os seus dereitos de explotación, e están protexidos polos dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial.

A USUARIA unicamente ten dereito a un uso privado dos mesmos, sen ánimo de lucro, e necesita autorización expresa para modificalos, reproducilos, explotalos, distribuílos ou exercer calquera dereito pertencente ao seu titular.

SOM ENERGIA e Generation kWh son marcas rexistradas, e está prohibida a súa reprodución, imitación, utilización ou inserción destas marcas sen a nosa debida autorización.

O establecemento de ligazóns ao noso portal no confire ningún dereito sobre o mesmo. Do mesmo xeito, o simple feito de establecer unha ligazón á páxina web non dá dereito a outorgarse a categoría de colaborador ou socio.

SOM ENERGIA queda exonerado de responsabilidade por calquera reclamación a respecto dos dereitos de propiedade intelectual dos artigos e imaxes publicadas por terceiros no seu portal.

Está absolutamente prohibida a imitación, xa sexa total ou parcial do noso portal.

2. CONDICIÓNS DE ACCESO E USO Subir al índice ↑

O acceso á nosa páxina web é gratuíto e non esixe subscrición ou rexistro previo. Porén, determinados servizos, como facerse socio, contratar luz, acceder ás plataformas de participación ou á oficina virtual son de acceso restrinxido a determinados usuarios e requiren realizar un proceso de rexistro, cubrir formularios con datos persoais e/ou a identificación mediante contrasinais. Estes servizos quedarán debidamente identificados na web.

O envío de datos persoais implica a aceptación expresa por parte da USUARIA da nosa política de privacidade.

A USUARIA debe acceder á nosa páxina web conforme á boa fe, ás normas de orde pública e ás presentes Condicións Xerais de uso. O acceso ao noso sitio web realízase baixo a propia e exclusiva responsabilidade do usuario, que responderá en todo caso dos danos e prexuízos que poida causar a terceiros ou a nós mesmos.

A USUARIA ten expresamente prohibida a utilización e obtención dos servizos, produtos e contidos ofrecidos na presente páxina web, por procedementos distintos aos estipulados nas presentes condicións de uso e, no seu caso, nas condicións particulares que regulen a adquisición de determinados produtos ou servizos.

A USUARIA ten prohibido calquera tipo de acción sobre o noso portal que orixine unha excesiva sobrecarga de funcionamento aos nosos sistemas informáticos, así como a introdución de virus, ou instalación de robots, ou software que altere o normal funcionamento da nosa web ou, en definitiva, que poida causar danos aos nosos sistemas informáticos.

Tendo en conta a imposibilidade de control a respecto da información, contidos e servizos que conteñan outras páxinas web ás que se poida acceder a través das ligazóns que a nosa páxina web poida pór ao seu dispor, comunicámoslle que SOM ENERGIA queda eximida de calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda clase que se puidesen derivar da utilización desas páxinas web, alleas á nosa entidade, por parte da USUARIA.

SOM ENERGIA reserva para si o dereito unilateral e sen preaviso de dar de baixa calquera persoa USUARIA que a organización entenda que vulnerou as condicións que rexen o uso da nosa páxina web, sen que a USUARIA teña dereito a reclamación de ningún tipo por este tipo de accións. Do mesmo xeito, resérvase o dereito de exercitar as accións legais oportunas contra aqueles que vulneren as presentes condicións xerais de uso, aceptando a USUARIA que a non iniciación destas accións non constitúe unha renuncia formal ás mesmas, permanecendo estas vixentes até os prazos legais de prescrición das infraccións.

3. POLÍTICA DE PRIVACIDADE Subir al índice ↑

A confidencialidade e a seguridade son valores primordiais de SOM ENERGIA e, en consecuencia, asumimos o compromiso de garantir a privacidade da USUARIA en todo momento e de non solicitar información innecesaria.

A subministración de datos persoais a través do noso portal require unha idade mínima de 18 anos e/ou dispor de capacidade xurídica suficiente para contratar, así como a aceptación expresa da nosa Política de Privacidade.

A USUARIA será a única responsábel de calquera dano ou prexuízo, directo ou indirecto, que ocasione a SOM ENERGIA ou a calquera terceiro por cubrir os formularios con datos falsos, inexactos, incompletos, non actualizados ou con datos de terceiros sen contar co seu consentimento.

4. RESPONSABILIDADES Subir al índice ↑

Ao pór a disposición da USUARIA esta páxina web, queremos ofrecerlle un servizo de calidade, utilizando a máxima dilixencia na prestación do mesmo, así como nos medios tecnolóxicos utilizados. Porén, non responderemos da presenza de virus e outros elementos que de algún modo poidan danar o sistema informático da USUARIA.

SOM ENERGIA non garante que a dispoñibilidade do servizo sexa continua e ininterrompida, por circunstancias orixinadas por problemas na rede de Internet, avarías nos dispositivos informáticos ou outras circunstancias imprevisíbeis, de xeito que a USUARIA acepta soportar (dentro duns límites razoábeis) estas circunstancias, polo que renuncia expresamente a reclamar a SOM ENERGIA calquera responsabilidade polos posíbeis fallos, erros e uso do servizo.

A USUARIA asume toda a responsabilidade derivada do uso da nosa páxina web, sendo a única responsábel de todo efecto directo ou indirecto que sobre a páxina web se derive, incluíndo, de forma enunciativa e non limitativa, todo resultado económico, técnico e/ou xurídico adverso, así como a defraudación das expectativas xeradas polo noso portal, obrigándose a USUARIA a manter indemne a SOM ENERGIA por calquera reclamación derivada, directa ou indirectamente, deses feitos.

SOM ENERGIA non garante a exactitude, veracidade e vixencia dos contidos desta páxina web, xa sexan propios, de terceiros, ou enlazábeis a outras webs, quedando totalmente exonerada de calquera responsabilidade derivada do uso da mesma.

SOM ENERGIA queda exonerada de calquera responsabilidade derivada de calquera reclamación, incluído o pagamento de honorarios a avogados, polas demandas e reclamacións orixinadas por terceiros polo incumprimento por parte da USUARIA das nosas condicións de uso, acceso e política de privacidade, ou calquera outra reclamación polo incumprimento da lexislación vixente.

A USUARIA recoñece que entendeu toda a información a respecto das condicións de uso do noso portal, e recoñece que son suficientes para a exclusión do erro nas mesmas e, polo tanto, acéptaas íntegra e expresamente.

A USUARIA é plenamente consciente de que a simple navegación pola presente páxina web, así como a utilización dos seus servizos, implica a aceptación das presentes condicións de uso.

Todo o referente á nosa páxina web réxese exclusivamente polas leis españolas. No caso de que se produza calquera tipo de discrepancia ou diferenza entre as partes en relación coa interpretación e contido da presente páxina web, todas as partes sométense, con renuncia expresa a calquera outro foro, aos Xulgados e Tribunais de Girona.

5. VIXENCIA DAS CONDICIÓNS XERAIS DE ACCESO Á WEB Subir al índice ↑

As presentes Condicións Xerais de Uso foron modificadas con data de 11/02/2020. En calquera momento podemos proceder á súa modificación: por favor, comprobe a data de emisión en cada ocasión en que se conecte a nosa páxina web e así terá a certeza de que non se produciu modificación algunha que lle afecte.

Para calquera cuestión a respecto das Condicións de Uso da nosa páxina web, pode pórse en contacto connosco nos datos antes indicados, ou con Lant Abogados en info@lant-abogados.com ou en http://www.lant-abogados.com/.