Únete ao cambio

Som Energia naceu en 2010 co propósito de traer un aire novo ao mercado eléctrico. O noso obxectivo: crear unha alternativa real e sostíbel baseada en enerxías 100 % renovábeis. E que queres que che digamos? Funcionou! 

Demostramos que xeneralizar as enerxías limpas e respectuosas co planeta si é posíbel. Agora tócache a ti. 

Asóciate
Únete a la energía que transforma
A revolución conta contigo: únete ao cambio

Cada vez que alguén se asocia a Som Energía, medramos. Se nós medramos, tamén medran as enerxías renovábeis, a conciencia medioambiental e a posibilidade dun futuro xusto e sostíbel:

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro

Somos unha cooperativa sen ánimo de lucro, polo que reinvestimos todas as ganancias en proxectos que xeran máis enerxía verde.

En Som Energia, a túa opinión é importante. Por iso, como membro da Asemblea Xeral participas votando nas decisións relevantes.

Queremos que sexas parte do cambio: ti tamén votas. En Som Energia, a túa opinión é importante. Por iso, como membro da Asemblea Xeral participas votando nas decisións relevantes.  

Demostramos que outra forma de consumir é posíbel

Demostramos que outra forma de consumir é posíbel, rompendo o oligopolio das compañías enerxéticas cunha alternativa 100 % renovábel.

Máis de 85.000 persoas e organizacións inconformistas xuntámonos para crear un futuro sostíbel, limpo e libre.

Máis de 85.000 persoas e organizacións inconformistas xuntámonos para crear un futuro sostíbel, limpo e libre. Só nos faltas ti.

Cualquier persona o entidad puede unirse haciendo una aportación única al capital social de 100 €

Como asociarse

Cubre o formulario cos teus datos e aboa un único pagamento.

  • Calquera persoa ou entidade pode unirse facendo unha achega única ao capital social de 100 euros.

  • Poderás darte de baixa como persoa socia notificándoo por escrito e recuperarás o importe que achegaches, segundo se contempla no artigo 14 dos Estatutos. 

Asociate

Por que asociarte a Som Energia

Se te asocias a Som Energia, poderás contratar enerxía 100 % renovábel.

E non só iso: tamén estarás a tomar unha decisión coherente cos teus valores, pois estarás a elixir consumo responsábel e a destinar o diñeiro das túas facturas a crear un futuro limpo e xusto. 

Por iso, cando te asocias a Som Energia: 

Cada decisión conta: únete ao cambio.

Asóciate