QUEN SOMOS?
Xaneiro: Denunciamos o mecanismo de poxa de enerxías renovábeis
Febreiro: A Xeración kWh consegue financiar a terceira planta e para a repensar o modelo
Febreiro: Xerando enerxía con Gir Solar, a segunda compra colectiva de autoprodución
Marzo: Encontro Virtual de Grupos Locais 2021
Marzo: Fomos ao Senado a falar de transición enerxética
Abril: Xa impulsamos máis de mil instalacións solares a través das compras colectivas
Abril: Novas tarifas para contratos domésticos e pequenas empresas e de máis de 15 kW ou de alta tensión
Maio: Asemblea Xeral 2021
Xaneiro: Xerando enerxía coa primeira compra colectiva de autoprodución
Marzo: Encontro de Grupos Locais 2020 en Brunete
Marzo: Acadamos, nun día, as achegas voluntarias ao capital social
Abril: Medidas especiais durante o estado de alarma pola Covid-19
Maio: Comezan as obras da planta fotovoltaica de Llanillos
Xuño: Asemblea Xeral da cooperativa (virtual)
Xuño: Comercializamos un 32 % máis de electricidade que o ano anterior
Xuño: Segundo proxecto de autoprodución para paliar os efectos da pobreza enerxética
Xullo: Potenciamos a eficiencia enerxética
Xullo: Novo modelo de comercialización de electricidade
Agosto: O Código Ético de Som Energia
Setembro: 4.ª edición do Xerminador Social
Outubro: Hai 10 anos que saímos á luz
Outubro: Novo servizo “Presume de boa enerxía” para entidades e empresas
Outubro: O novo Consello Reitor ponse en marcha e elaboramos, entre todas, o rumbo da cooperativa
Outubro: Entra en funcionamento a planta fotovoltaica de Tahal
Novembro: REScoopVPP, novo proxecto europeo onde participamos
Novembro: Guía práctica da autoprodución colectiva en bloques de pisos
Novembro: 9.ª edición da Escola (virtual)
Decembro: Nace a Aula Popular, un espazo de formación e intercambio de coñecemento
Decembro: En xaneiro de 2021 non subimos os prezos
Decembro: Dez anos de Som Energia, dez anos de esforzo colectivo
Decembro: Somos 69.000 persoas socias, 119.000 contratos, 4.500 membros da Xeración kWh e están activas 21 compras colectivas
Xaneiro: Pagamento dos xuros das achegas voluntarias ao capital social.
Febreiro: VIII Encontro de Grupos Locais en Barcelona.
Febreiro: Entra en funcionamento a planta de Fontivsolar, o segundo proxecto da Xeración kWh.
Febreiro: Comezan as obras da planta de La Florida.
Febreiro: Inicio do Gir Solar, a segunda compra colectiva de autoprodución doméstica.
Marzo: Inicio da IIIª edición do Xerminador Social.
Maio: Asemblea Xeral da cooperativa.
Xuño: Fin do proxecto europeo REScoop Plus.
Xullo: Nace a TransicioEnergetica.cat para entidades e empresas.
Setembro: Folga Mundial polo clima.
Outubro: 8ª edición da Escola en Mataró, 3º Xerminador Social e Celebramos 100.000 contratos.
Novembro: Entra en funcionamiento e inauguramos a planta solar de La Florida.
Decembro: Traballando na organización, funcións e gobernanza do Consello Reitor.
Decembro: Somos 63.000 persoas socias, 108.000 contratos, 4.200 membros da Xeración kWh e hai activas 15 compras colectivas de autoprodución doméstica.
Xaneiro: Primeiro proxecto de autoprodución para paliar os efectos da pobreza enerxética.
Marzo: Renovación do servizo Infoenergia.
Marzo: Inicio da IIª edición do Xerminador Social.
Marzo: Inicio da primeira compra colectiva Impuls Solar Vallès de autoprodución doméstica.
Marzo: FLEXCoop, REScoopPlus e Mecise, os tres proxectos europeos onde participamos.
Abril: Estrea do novo espazo de Participación para persoas socias.
Abril: VII Encontro de Grupos Locais en Sant Vicent del Raspeig, Alicante.
Maio: Asemblea Xeral da cooperativa celebrada simultaneamente en 22 sedes.
Xuño: Despedida de Gijsbert Huijink, fundador e xerente de Som Energia.
Xuño: Renovación da Oficina Virtual.
Xullo: Impuls Solar Vallès consegue as 100 persoas necesarias para saír adiante.
Agosto: Som Energia chega a 50.000 persoas socias.
Setembro: Entra en funcionamento a planta fotovoltaica de La Matallana.
Setembro: O Equipo de Traballo con Fil a l’Agulla.
Outubro: VII Escola de Som Energia e IIª edición do Xerminador Social en Mollina, Málaga.
Decembro: Tripla celebración dos 8 anos de Som Energia.
Decembro: Somos máis de 54.000 persoas socias, 90.000 contratos e 3.700 membros da Xeración kWh.
Marzo: VI Encontro de Grupos Locais en Girona que conclúe o proceso de reflexión.
Abril: Celebración da 1ª edición do Xerminador Social.
Maio: Asemblea Xeral da cooperativa.
Setembro: O novo Consello Reitor comeza a informar e inicio da devolución de diñeiro da Xeración kWh.
Outubro: VI edición da Escola e conseguido o investimento necesario para 3 novos proxectos solares en 7 días.
Novembro: Inicio das obras en La Matallana e sinatura do segundo proxecto da Xeración kWh.
Decembro: Somos máis de 40.000 persoas socias, 60.000 contratos e 3.000 membros na Xeración kWh.
Marzo: V Encontro de Grupos Locais en Vitoria-Gasteiz
Abril: ¡Conectada a Pranta Solar de Alcolea!
Maio: Asemblea Xeral da Cooperativa e primeiros kWh de enerxía renovábel do Generation kWh.
Agosto: ¡Financiada e Alcanzada a Pranta Solar de Alcolea!
Setembro: V Edición da Escola de Setembro
Outubro: Inicio do proceso de reflexión
Novembro: Nace el Germinador Social y acuerdo con Energética para entrar a formar parte de Valteína,
Decembro: Somos máis de 29.000 socios e socias
Xaneiro: Inicio do proxecto Recupera el Sol (Som Energia Madrid e Ecooo)
21 de Febreiro: Cuarta reunión de grupos locais en Sant Daniel, Girona
9 de Maio: Asemblea Xeral celebrada simultáneamente en 18 sedes
12 de xuño: 20.000 socios/as e 25.000 contratos
21 de xuño: Lanzamento do GenerationkWh
2 de xullo: Asina contrato FV de Alcolea do Río (2MW)
1 de setembro: Se consigue, en 2 horas, la inversión necesaria para la central hidroeléctrica en Valladolid
18-20 de setembro: IV Escola de Setembro en Sant Esteve de Palautordera (Barcelona)
31 de decembro: Somos máis que 23.500 socios/as.
Xaneiro: Dispoñible a tarifa 3.0 para empresas e fogares de gran consumo, superior ós 15kW de potencia.
Febreiro: A oficina virtual de Som Energia entra en funcionamento.
Febreiro: Terceira reunión de grupos locais en Chinchón, Madrid.
15 de marzo: Inauguración da planta de biogás de Torregrossa (Lleida) de 500kW, financiada con achegas voluntarias dos socios e socias da cooperativa.
14 de xuño: Asemblea xeral ordinaria celebrada simultaneamente en 15 sedes.
Xuño: Sant Celoni, primeiro Concello en contratar a electricidade con Som Energia. (leer notícia)
31 de decembro: Somos máis que 17.600 socios/as.
Xaneiro: Entra en funcionamento a instalación de biomasa de 80kW en Tordera, Barcelona.
Febreiro: Segunda reunión de grupos locais en Barcelona.
Marzo: Conseguido o obxectivo de 3.500.000€ para os proxectos de xeración, cerrase a posibilidade de investimento.
Marzo: Conexión á rede das cubertas fotovoltaicas de Picanya (290kW), Torrefarrera (90kW) e Manlleu (90 y 100kW).
25 de maio: Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria celebrada con sede principal en Xirona e, simultaneamente, en Barcelona, Sabadell, Mallorca, Pamplona, Madrid, Vilanova i la Geltrú, Valencia e Logroño.
Setembro: Escola de setembro en Tiana, Barcelona. Xa somos 10.000 socios/as!
Novembro: Campaña a favor da autoprodución: “Autoprodución? Agora máis que nunca!!”
31 de decembro: Somos 12.000 socios/as.
Marzo: A CNE outórganos a denominación de comercializadora 100% renovábel de clase A, confirmando a Som Energia como comercializadora eléctrica comprometida coas enerxías renovábeis.
24 de Marzo: Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria celebrada en Xirona. Créanse modalidades de investimento en renovábeis.
Marzo: Entra en funcionamento a Planta Fotovoltaica de Lleida.
Abril: Ábrese a posibilidade de realizar investimentos voluntarias ao capital social para financiar os proxectos renovábeis da cooperativa.
Abril: Primeiro encontro de Grupos Locais en Barcelona.
Xuño: Emisión de títulos participativos para investir en proxectos propios de xeración de enerxía verde.
Xuño: Entrega do Premio Medio Ambiente da Generalitat de Catalunya 2012.
Xuño: Inicio da actividade comercializadora nas Illas Baleares.
Agosto: Conexión á rede de tres cubertas fotovoltaicas sobre teitos municipais de 20, 20 e 18kW en Riudarenes, Xirona.
Setembro: Escola de setembro e asemblea extraordinaria en Calafell, Tarragona.
Setembro: Premio Solar Europeo 2012 concedido pola asociación Eurosolar na sección de asociacións/organizacións cidadás para a promoción das enerxías renovábeis.
Decembro: Somos 5.000 socios/as.
Xaneiro: Premio Solar 2011 da sección española de Eurosolar.
18 de marzo: Asemblea Extraordinaria en Barberà del Vallès, Barcelona, para sentar as bases das tarifas eléctricas e criterios de proxectos.
Setembro: Inicio da actividade de comercialización de electricidade verde certificada.
1 de outubro: Festa “Dá o Salto!” en Mataró, Barcelona, para celebrar que xa é posible contratar a luz con Som Energia.
Outubro: comeza a construción da primeira instalación de produción da cooperativa: unha cuberta fotovoltaica de 100kW en Lleida.
31 de decembro: Somos 1.000 socios/as e 275 contratos.
Primavera: Comeza a agromar Som Energia, un proxecto de participación cidadá para mudar o modelo enerxético.
10/10/10: Aproveitando a campaña 350.org faise un chamamento para constituír a cooperativa.
11 de decembro: Asemblea constituínte de Som Energia en Xirona con arredor de 150 socios e socias.
31 de decembro: Somos 350 socios/as.
Estatutos e Regulamento interno de Som Energia
Produción: Producimos enerxía eléctrica en instalacións de xeración a partir de fontes renovábeis (sol, vento, biogás, biomasa, etc.) financiadas con achegas económicas voluntarias dos socios/as.
Transporte e Distribución: A rede de transporte (alta tensión, propiedade de REE) e a rede de distribución (baixa tensión, propiedade das compañías distribuidoras) forman parte do mercado eléctrico regulado no que a cooperativa non actúa.
Comercialización de electricidade verde: Xestionamos, compramos e facturamos a electricidade que consumen os socios e socias que quixeron contratarnos como comercializadora de electricidade verde, segundo os certificados de garantía de orixe (CNMC). Socios/as particulares e empresas poden contratar a luz con nós sen necesidade de cambios técnicos na instalación.
POR QUE SOMOS?
Porque o modelo enerxético actual baseado en combustíbeis fósiles é insostíbel. Som Energia é unha comercializadora independente e comprometida a impulsar un modelo 100% renovábel. A cooperativa está ao servizo dos socios e as socias de maneira eficiente, transparente e responsábel.
Para impulsar un modelo enerxético renovábel, eficiente e en mans da cidadanía.
Para favorecer o crecemento dunha economía máis social e solidaria.
Para romper o oligopolio enerxético existente.
Para participar nun movemento social transformador.
Para unha información transparente e un trato directo.
Actas das Asembleas Xerais da cooperativa
- Acta Asemblea Xeral Extraordinaria 2011
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2012
- Acta Asemblea Xeral Extraordinaria 2012
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2013
- Acta Asemblea Xeral Extraordinaria 2013
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria 2014
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria e Extraordinaria 2015
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2016
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2017
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2018
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2019
- Acta Asemblea Xeral Ordinaria 2020
Memórias sociales y económicas de la cooperativa
Consello Reitor
El Consejo Rector, elegido por los socios, se encarga de implementar las directrices marcadas por la asamblea respetando los valores recogidos en los estatutos de la cooperativa. Puede ver un vídeo con reflexiones de algunos miembros del Consejo Rector sobre qué supone formar parte de este órgano y qué les ha aportado a nivel personal y por qué es motivador sumarse a este equipo. Con cargos voluntarios no remunerados, el actual Consejo Rector está formado por:
Albert Banal
Presidencia
Profesor de economía e finanzas na Universidade Pompeu Fabra e na City University de Londres. Especializado na regulación e o financiamento da enerxía e das enerxías renovables, é membro do consello científico do regulador de enerxía británico (Ofgem) e da escola IFP-Energies Nouvelles de París. Organizou e impartiu diversos cursos de formación e de mestría sobre a economía da enerxía, moitos deles en países africanos e en colaboración con axencias multilaterais.
Sara Gutiérrez
Vicepresidencia
Enxeñeira industrial pola UPC (Barcelona), Máster en Ciencias e Xestión do Medio Ambiente (ULB, Bruxelas) e Posgrao en Eficiencia Enerxética en Lasalle (Barcelona). Actualmente traballa asesorando municipios de Barcelona con estudos de mellora da eficiencia enerxética de equipamentos e proxectos para conseguir edificios de enerxía case nula. Está convencida de que para acadar a soberanía enerxética non nos temos que limitar a un tema puramente tecnolóxico, senón a unha verdadeira transformación do modelo actual mediante a participación real da cidadanía e integrando a perspectiva ecofeminista. En 2012 coñeceu Som Energia, fíxose socia e entrou a formar parte do Grupo Local de Barcelona.
Borja Barredo
Secretaría
Arquitecto pola ETSAUN, especializado en eficiencia enerxética, sustentabilidade e medio ambiente. Cooperativista até a medula, socio e membro de GIT de Fiare en Navarra, Som Connexió, Landare e socio fundador de KarKarCar. Membro do grupo local de Energia Gara Nafarroa. Entusiasta dos proxectos desenvolvidos en participación, que maximicen a intelixencia colectiva, da economía alternativa e solidaria, e dun novo modelo enerxético sustentábel, en mans das persoas, transformador da sociedade e que non esqueza ninguén no camiño.
Irene Machuca
Vogal
Doutora en Arquitectura pola Universidade de Sevilla, Enxeñeira de Edificación e Máster en Xestión Medioambiental da Edificación, investiga sobre a produción e xestión social da enerxía e modelos de participación cidadá para a transición enerxética, introducindo a Ecoloxía e o Feminismo como bases para a transformación do modelo social e produtivo co obxectivo de alcanzar un futuro máis xusto, equitativo e sustentable. Uniuse a outras cooperativas para practicar a cooperación e o decrecemento en primeira persoa. Involucrada con Som Energia desde a Escola de setembro de 2013, é membro do Grupo Local de Sevilla. Actualmente traballa na Deputación de Sevilla, e está implicada na introdución de criterios sociais e medioambientais para a contratación pública.
Ricard Jornet
Vogal
Licenciado en Administración e Dirección de Empresas (ADE) na Universidade Autónoma de Barcelona. Mestrado en Enxeñaría e xestión de Enerxías Renovábeis UPC (IL3). Emprendedor ecoloxista e profesor de marketing na UAB (Universidade Autónoma de Barcelona) durante 20 anos. Presidente de Som Mobilitat, socio fundador e/ou investidor en empresas de diferentes sectores: hostalería, negocios de internet e enxeñaría.
Paco Jofra
Vogal
Pasou polos campos da pobreza enerxética, a consultoría, as enerxías renovábeis e a investigación. Actualmente traballa na transición enerxética, poñendo énfase na construción de vínculos entre enerxía e cidadanía mediante o impulso da xestión comunitaria da enerxía e a educación ambiental.
Está vinculado activamente a diferentes movementos sociais e entidades sen ánimo de lucro que defenden a necesidade dun novo modelo enerxético cunha perspectiva de xustiza social e ambiental, sen deixar ninguén atrás e cun espírito verdadeiramente transformador.
Tenta que o seu consumo e as súas prácticas estean de acordo coa súa visión de futuro e é gravemente alérxico ás formulacións tecnocentristas.
Jaume Josa
Vogal
Doutor en Ciencias Químicas pola Universidade de Barcelona, traballou en Cataluña, Estados Unidos e Alemaña. É membro do Grupo de Expertos en Cambio Climático de Cataluña e socio de Som Energia desde febreiro de 2011. Colabora co GL en Lleida-Segrià e é impulsor do Gl na Noguera. Consciente de que nos atopamos nunha emerxencia emergencia climática e de que, se queremos, temos a forza de cambiar as cousas e deixar un mundo mellor que o que herdamos. Só hai que difundilo e dar o poder a quen o merece, a xente. Sempre ten máis impacto o que facemos que o que dicimos.
Albert Clusella
Vogal
Licenciado en arquitectura pola UPC en 2004, estivo traballando nun estudio, primeiro como colaborador e desde 2008 como socio. Foi arquitecto municipal nunha localidade do Vallés. Dedícase tanto á edificación como ao urbanismo, achegando unha visión consciente da profesión. Especializado en bioarquitectura, eficiencia enerxética e sistemas de xeración eléctrica, entre 2011 e 2017 foi concelleiro do Concello de Moià, onde, desde as carteiras de urbanismo e de medio ambiente, impulsou varios proxectos de eficiencia enerxética. Recentemente, incorporouse ao equipo técnico que desenvolve un importante proxecto urbanístico na área metropolitana de Barcelona. É autodidacta e aposta por un futuro tecnolóxico baseado na sostibilidade. Cre que o modelo eléctrico do futuro ten que ser cunha producción distribuída, tanto no que se refire ao territorio como á titularidade das plantas, de xeito que sexa a mesma sociedade a que se autoabasteza.
Carles Cuadern
Interventor de contas
Quim Ruiz
Interventor de contas
Jesús Salgado
Interventor de contas
Comercialización
Xeración Renovábel
Equipos transversais
IT
Actividade cooperativa
Xerencia
Grupos Locais
Moitos socios tamén colaboran voluntariamente aportando os seus coñecementos e enerxía ás seccións territoriáis, aos grupos locais e á plataforma de Som Energia.
Ti tamén podes facelo: