En Som Energía queremos transformar o modelo enerxético actual e traballamos para lograr un modelo

100% renovábel, sostíbel e participado.

1 Unha das accións concretas é impulsar proxectos de xeración de enerxía a partir de fontes renovábeis.

2 Creamos opcións de investimento directo en renovábeis para facer que as persoas sexan parte activa deste cambio.

3 Todos os investimentos de Som Energía baséanse nas achegas de aqueles socios e socias que queiran converterse, colectivamente, en produtores/as de enerxía renovábel.

4 O destino das achegas é levar a cabo proxectos de enerxías renovábeis, propiedade da cooperativa, co obxectivo final de cubrir a totalidade da demanda de enerxía eléctrica dos nosos socios/as e clientes.


Actualmente non existen incentivos para a posta en marcha de novos proxectos renovábeis.

Porén, en Som Energía non pensamos mudar o noso obxectivo e por iso actualmente é posíbel impulsar proxectos renovábeis a partir de:

Investimento de autoprodución compartida. Onde se garante o retorno do diñeiro e o acceso a electricidade producida a prezo de custo. Modelo de investimento útil para proxectos que non poden asegurar retorno económico ao investimento.

Achegas ao capital social da cooperativa, para proxectos que poden ofrecer un retorno económico ao investimento (actualmente do 1,75%).

Un pouco de historia

Os proxectos que actualmente ten en funcionamento a cooperativa puxéronse en marcha entre 2011 e 2013, gracias aos investimentos de socios e socias que dispuñan de dúas modalidades de investimento: títulos participativos e achegas voluntarias ao capital social.

Citizenergy Logo Partner Green

Nese momento, os proxectos renovábeis gozaban dun apoio por parte do Goberno e tocáballes unha prima, que se recortou varias veces, mais que aínda teñen, en parte, todos estes proxectos.

En marzo de 2013 acadáronse os 3,5M € necesarios e non puidemos facer novos investimentos dende aquela… até agora!

Todo o diñeiro invístese nunha variedade de proxectos mais só en tecnoloxías probadas e proxectos cun rendemento social ou económico razonábel. Os investimentos realízanse directamente en nome da cooperativa, ou a través de sociedades vehículos propiedade exclusiva de Som Energia ou de propiedade compartida con outras organizacións afíns aos nosos obxectivos.

Recomendamos investir só ese diñeiro que non prevés necesitar a curto ou medio prazo e repartir os investimentos entre os diferentes instrumentos e entidades existentes para diminuír os riscos.