- personas socias ya han aportado - euros

A partir do 21 de outubro de 2021 xa se poden facer achegas voluntarias ao capital social. Esta modalidade de achegas permanecerá aberta até acadar o obxectivo dos 25 millóns de euros que a cooperativa precisa.

¡Lo hemos conseguido! Gracias a las aportaciones de 1.500 personas socias de la cooperativa, en menos de 24 horas hemos logrado el objetivo de obtener 4,75 millones de euros para seguir impulsando más producción y comercialización de energía renovable.

Preguntas frecuentes

Onde podo atopar o meu número de socio/a?

O número de socio/a aparece no correo de alta de nova persoa socia (o correo de benvida). Tamén se pode atopar na Oficina Virtual, na sección “O meu perfil”.

Que é o capital social voluntario?

É o capital que a persoa socia achega á cooperativa, de xeito voluntario, e polo que recibe un xuro que é decidido anualmente pola Asemblea.

Segundo se decidiu na Asemblea Xeral de 2023, este xuro é do 2 %.

Para que se usará o diñeiro?

Habitualmente utilizamos as achegas ao capital social para financiar novos proxectos de xeración ou ben para o desenvolvemento da cooperativa. Nesta ocasión, precisámolos  para reforzar a situación financeira. A pesar da fortaleza e estabilidade económica de Som Energia, debido á escalada de prezos do mercado eléctrico precisamos incrementar a liquidez.

Que importe podo achegar?

O importe mínimo son 100 € e o máximo 100.000 € (5.000 € durante a primeira semana).
Recomendamos só achegar o diñeiro que non tes previsto precisar a curto ou medio prazo.

Que risco teñen as achegas á cooperativa?

Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagamentos. Nesta situación, a orde de pagamento do diñeiro pendente sería: primeiro, as débedas coa Administración, traballadores/as; despois, créditos e préstamos; despois, os títulos participativos, o capital social voluntario e, finalmente, o capital social obrigatorio.

Por outra banda, o Consello Reitor pode rexeitar devolver unha achega se durante ese mesmo ano xa se devolveu o 10 % do total do capital social, segundo indican os estatutos (este límite é bastante superior ás peticións de retorno de achega que adoita haber anualmente). Máis información

Condicións xerais da achega

Podes ver as condicións xerais das achegas voluntarias ao capital social de Som Energia nesta ligazón.