En Som Energia temos
un forte compromiso coa igualdade

Logo Som Energia

Formamos parte de REAS (Rede da Economía Alternativa e Solidaria) e a XES (Rede de Economía Solidaria, de ámbito catalán), e seguimos os principios cooperativos e da Economía Social e Solidaria, entre os que se atopa a Igualdade.

Plan de Igualdade (PIO)

Traballar
a igualdade nas
organizacións

O Plan de Igualdade de Oportunidades permite realizar unha análise de diversos aspectos da organización, para ver se hai igualdade de oportunidades real e detectar en que casos hai discriminación por xénero. A partir de aí elabórase un diagnóstico e, cos datos da situación, deséñase un plan con medidas e accións que axuden a reverter as situacións nas que non existe igualdade real. Algúns dos ámbitos que se analizan son: formación e promoción interna, retribución salarial, comunicación, condicións laborais, cultura da organización e saúde laboral.

Protocolo antiacoso

Tolerancia
cero ante
o acoso

Som Energia está comprometida coa igualdade de dereitos e oportunidades, así como coa creación de contornas de traballo seguras, nas que existan unhas relacións laborais baseadas na igualdade, a liberdade e o respecto entre as persoas. Unhas contornas e relacións, polo tanto, libres de situacións de acoso sexual ou por razón de sexo. Do mesmo xeito, Som Energia ten unha tolerancia cero ante o acoso, e desaproba clara e rotundamente as condutas e actitudes ofensivas, discriminatorias ou abusivas.

Por todo isto, dotámonos dun protocolo sobre prevención, detección, abordaxe, seguimento e reparación destas condutas.

A quen vai dirixido?

O ámbito de aplicación do protocolo non é só o das persoas que traballan en Som Energia, senón que se aplica a todas as situacións derivadas de calquera actividade que teña lugar na contorna de Som Energia. Polo tanto, é de aplicación a todas as persoas traballadoras, socias cooperativistas e prestadoras de servizos, así como a calquera outra persoa vinculada con Som Energia, aínda que non teña un vínculo laboral, como o son os membros dos grupos locais, Intervención de Contas, Consello Reitor ou calquera outro grupo de traballo vinculado á cooperativa.

Protocol antiassetjament

Comunicación e linguaxe

Comunicación inclusiva

A comunicación e a linguaxe son unha ferramenta moi potente na creación de imaxinarios colectivos e de realidade. A linguaxe describe e etiqueta, invisibiliza e xerarquiza. Á parte de ser un reflexo da situación, tamén axuda a mantela ou cambiala.

Por iso as nosas expresións e comunicacións deben estar impregnadas da perspectiva de xénero, utilizando unha linguaxe inclusiva e non sexista, que non só visibilice os homes e que sirva, ao tempo, para crear e recoñecer referentes femininos e romper estereotipos.

Aplicar a perspectiva de xénero vai alén do uso non sexista da linguaxe. A atención persoal por teléfono e correo electrónico require unha ollada que teña en conta outros aspectos. Por iso elaboramos unha Guía de perspectiva de xénero na comunicación e atención a persoas socias que recolle casos de uso non sexista da linguaxe e inclúe unha serie de indicacións para ter en conta.

Prácticas e medidas

ATENCIÓN A MEDIOS E
PARTICIPACIÓN EN CHARLAS

É importante visibilizar as mulleres, especialmente nos ámbitos onde están máis invisibilizadas. E o enerxético é un deles. Por iso, e polo manifesto que subscribimosEn enerxía, non sen mulleres”, apostamos por favorecer a portavoces e representantes que non sexan homes, e pedimos que nos eventos onde participamos haxa o máximo de paridade neste sentido.

PUNTOS LILA

Cando organizamos actos ou eventos, poñemos en marcha un Punto Lila, destinado a visibilizar e facer explícita a tolerancia cero ás agresións sexuais de calquera tipo, e a atender posíbeis casos de acoso sexual que poidan darse nese espazo.

FORMACIÓN

As persoas traballadoras de Som Energia reciben formacións sobre temáticas diversas: igualdade, feminismos, liderados, resolución de conflitos, de forma periódica. Traballamos con outras cooperativas formadoras como Almena, Equilatera ou Fil a l’Agulla para deconstruírnos día a día.

CONDICIÓNS LABORAIS

Medidas de conciliación: as condicións laborais do cadro de persoal de Som Energia amplían as condicións básicas establecidas no convenio, para que axuden a conciliar mellor a vida laboral coa vida persoal e familiar.

Medidas de selección e contratación: os procesos de selección e contratación de novas persoas traballadoras inclúen a perspectiva de xénero para evitar nesgos neste sentido. Todas as ofertas de traballo de Som Energia inclúen información relativa ás accións que nos conducen á non discriminación.

Medidas para fomentar o benestar físico e emocional: clases de ioga e estiradas, acompañamento en materia de nutrición, psicoloxía e fisioterapia a través da plataforma de Benestar de Suara.

Unha organización diversa

Enquisa
de diversidade

Como organización, cremos que non debemos quedar unicamente coa diversidade de xénero, senón que debemos ter a vontade de atender, acoller e incluír todas as diversidades. Un primeiro paso é ser consciente do diverso que é, internamente, o cadro de persoal de Som Energia. Por iso, elaboramos unha enquisa de diversidade. Permítenos ofrecer e compartir un espazo anónimo para reflexionar sobre o tema e, posteriormente, visibilizalo e poder enfocar accións para conseguir maior diversidade, así como traballar as posíbeis discriminacións ou opresións que poidan xurdir.

A continuación podedes ver un resumo de algúns resultados da enquisa.

Queremos unha transición enerxética
que sexa transformadora, xusta e respectuosa.
Que non deixe ninguén á marxe, e que respecte e inclúa
todas as diversidades.”

Entidades coas que colaboramos

Almacén de recursos

Campaña Reunions roDONES (En catalán) – XES.

Comunicación e linguaxe: