Convida a 5 persoas, empresas, asociacións de veciños/as… a contratar a luz con Som Energia sen que teñan que asumir o custo de facerse socias da cooperativa.

É tan fácil como enviarlles unha mensaxe por email, whatsapp ou similar indicando o teu NIF(1) o teu número de SOCIO/A(2) e o enlace desde onde se pode acceder a contratar enerxía renovable.

(1) O formato do NIF debe incluír números e letras. Por exemplo: 30250769p (pedímosche o NIF porque as persoas convidadas precisarano, xunto co teu número de socio/a, para identificarse cando entren na páxina de contratación.

(2) Se non lembras o teu número de socio/a só tes que entrar co teu NIF e contrasinal na Oficina Virtual de Som Energia e atoparalo alí dentro do apartado de “Datos Persoais”: https://oficinavirtual.somenergia.coop

AUTOPRODUCIÓN? AGORA MÁIS QUE NUNCA!

Consideramos unha mellora da eficiencia do sistema enerxético a xeración distribuída baseada en fontes renovables. Por isto apoiamos a autoprodución solar de electricidade.

As persoas que desexamos un modelo enerxético máis eficiente, baseado en renovables e en mans da cidadanía, vemos na autoprodución unha oportunidade para poder contribuír sinxelamente, dende as nosas casas, a un cambio de modelo cun menor impacto ambiental e que axude a reducir a nosa dependencia fósil de recursos exteriores. Porén, a autoprodución non se premia ni se facilita no estado español. Ao contrario!

A regulación eléctrica do goberno central pon freo á eficiencia, ao aforro enerxético e as renovables.

A proposta de regulación da autoprodución presenta, por exemplo, que para poder xerar aínda que sexa unha pequena parte do noso consumo, teñamos que pasar por unha complexa e absurda tramitación administrativa. Chégase a propoñer incluso unha peaxe para a enerxía que xamais chegará á rede. Ademais, con plena conciencia de que facer pagar polo uso libre do sol é unha inxustiza, percha o cerco sobre a autoprodución impoñendo sancións para quen pense desobedecer esta irracional reforma.

Por todo isto, en Som Energia cremos na necesidade de impulsar, agora máis que nunca, a opción da autoprodución solar eléctrica. Queremos facilitar e apoiar aos socios e socias para que se convertan en autoproductores e amosen unha vontade colectiva de non deterse no camiño cara o modelo 100% renovable e eficiente.

  • Animámosvos a que vos pensedes incorporar un sistema de autoprodución na casa.
  • Elaboramos unha pequena guía para resolver as dúbidas que podades ter e para axudar a identificar o kit máis indicado para vos.
  • Promovemos a formación e as charlas de denuncia da situación da autoprodución en España.
  • Coordinarémonos con outras entidades que están actuando na mesma dirección que nos en resposta á reforma.

Sumémonos para exercer o noso dereito a utilizar o sol libremente para un modelo enerxético e social máis xusto e sostible.

OBSERVACIONES:

  • En el precio indicado incluye 5 metros de cable eléctrico, el IVA y el transporte.
  • Todos los proveedores sirven sin sobrecoste en toda la península. Para Baleares consultar al proveedor, excepto Solar Tradex que incluye el mismo coste para envíos a Baleares.
  • La producción anual de electricidad es, aproximadamente, de 200 kWh/año para el kit más pequeño y entre los 350 y 420 kWh/año para los otros kits. Esto representa una cobertura solar de electricidad que usamos en nuestros hogares, entre el 6% para el pequeño y el 10-12% de los más grandes (suponiendo un consumo medio de 3500kWh/año).
  • Las condiciones de pago acordadas son al contado a la confirmación del pedido.

NOTAS PARA LOS PEDIDOS

  • Para el kit de SOLARTRADEX, añadir la clave “SOMENERGIA” para acceder al descuento.
  • Para los envíos a Baleares, el precio puede variar en función del número de kits a transportar.

Como pequeña guía orientativa para valorar qué kit queremos adquirir podéis consultar el siguiente manual que hemos elaborado: