Para calcular o prezo da enerxía para a tarifa indexada, aplicamos unha fórmula na que incluímos os custos que nos permiten ofrecerche a electricidade. Nesta fórmula incluímos tamén gastos administrativos e operativos.
Como a transparencia é un dos nosos principais valores, compartimos contigo a nosa fórmula e explicámoscha paso a paso. Se queres comparar as tarifas indexadas de diferentes compañías, cómpre que teñas en conta o seguinte:
O prezo da enerxía, que vén estabelecido polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE) e, polo tanto, é igual en todas as enerxéticas.
A marxe que aplica a comercializadora, que é distinta en cada una.
A fórmula coa que se calcula o prezo final, xa que cada compañía ten a súa propia.
Se precisas máis detalles, podes consultar o Centro de Axuda.
En Som Energia utilizamos un modelo matemático que reflicte todos os custos e non engadimos extras que incrementan o prezo final. Isto garante que a cantidade que pagas é xusta e transparente.
O prezo da electricidade en cada hora (𝑃𝐻) é o prezo final, que inclúe o custo dos elementos seguintes:
Electricidade no mercado por xunto
Operadores
Peaxes e cargos de distribución
Custo administrativo e operativo de Som Energia
Outros custos pequenos
Polo tanto, calculamos o prezo da enerxía en cada hora (𝑃𝐻) coa fórmula seguinte:
En el caso de Som Energia, la fórmula que utilizamos traslada de manera directa los costes al precio final, y es la siguiente:
Importe del precio de la energía = Suma horaria (kWh energía activa entrante ℎ𝑖 * 𝑃𝐻)
Siendo ℎ𝑖 cada una de las horas del período de facturación en cuestión.
Siendo 𝑃𝐻 el precio horario de la energía calculado siguiendo la siguiente fórmula:
𝑃𝐻=1,015∗[(𝑃𝐻𝑀+𝑃𝑐+𝑆𝑐+𝐷𝑠𝑣+𝐺𝑑𝑂+𝑃𝑂𝑠𝑂𝑚)∗(1+𝑃𝑒𝑟𝑑)+𝐹𝐸+𝐹]+𝑃𝑇𝐷+𝐶𝐴
Como calculamos a compensación de excedentes
Se tes unha instalación de autoconsumo, como placas solares ou similar, é posíbel que nalgúns momentos produzas máis enerxía da que consomes. Esa electricidade que che sobra son os excedentes.
A boa nova é que desde a cooperativa aproveitamos esa enerxía sobrantes e compensámoscha, axudándoche a reducir na factura.
A forma como calculamos esta compensación depende da tarifa que teñas contratada:
Compensamos os excedentes ao prezo da electricidade por xunto sen sumar nin restar custos adicionais como peaxes e cargos.
O prezo varía cada hora. Adoita ser máis económico durante as horas de sol e máis elevado cando a demanda aumenta por falta de luz.
Á hora de elixir a tarifa máis beneficiosa para ti, é importante que analices se a cantidade de excedentes que tes é moi significativa e en que horarios che sobra maior cantidade de electricidade. Nas instalacións fotovoltaicas adoita haber máis enerxía sobrante nas horas de maior produción.
É aí cando os prezos de compensación adoitan ser máis baixos, mentres que nas horas nas que se incrementa o consumo de electricidade non hai produción renovábel. Por iso, os prezos aos que se paga a electricidade adoita ser maiores neses horarios. Daquela:
É posíbel que a tarifa indexada non sexa a máis beneficiosa no teu caso, polo que se cadra podes optar pola tarifa períodos.
Podes coñecer o prezo de compensación cada hora na web de OMIE.
Neste caso pagamos a compensación de excedentes ao prezo medio que pagamos a enerxía nas franxas de horas solares. Iso si: na compensación non inflúen os custos adicionais, como peaxes e cargos. Nesta modalidade, os prezos non dependen da flutuación do mercado diario. Isto supón:
A tarifa períodos ofréceche máis estabilidade no prezo porque non depende dos cambios do mercado.
Nas instalacións fotovoltaicas, a maior parte dos excedentes xéranse sobre todo durante as horas de sol, nas que o prezo da enerxía no mercado por xunto OMIE adoita estar máis baixo. Segundo os excedentes que teñas, esta tarifa adoita ser máis apropiada, xa que a compensación é máis estábel.
Nesta ferramenta podes consultar como foron variando os prezos, tanto na tarifa indexada como no tarifa períodos. Nela encontrarás:
A evolución do prezo da potencia e da franxa da cooperativa na tarifa indexada.
Os cambios de prezos da tarifa períodos.