Abrimos de novo a posibilidade de investir no capital social da cooperativa despois de adquirir un proxecto hidroeléctrico en Peñafiel (Valladolid).

Esta modalidade de investimento permanecerá aberta até que alcancemos os 800.000 € que a cooperativa precisa. Unha vez conseguidos, pecharase esta modalidade de investimento até que volva haber unha oportunidade axeitada para facelo.

Neste intre xa levamos

800.000 € aportados

¡Moitas grazas!

¡Xa acadamos a cantidade precisa!

Pechamos os investimentos no capital social até a seguinte oportunidade.

Pero lembra que inda podes investir na Xeración kWh para producir electricidade.

Para poder realizar a achega é imprescindible ser socio/a da cooperativa. Para facerte socio/a de Som Energia SCCL, deberás encher o seguinte formulario..

É o capital que a persoa socia aporta á cooperativa, de forma voluntaria, e polo que recibe unha remuneración (interese anual).

Para poder financiar e facer realidade os diferentes proxectos de xeración renovábel que a cooperativa está impulsando.

O importe mínimo son 100 € e o máximo € 25.000 (sempre múltiplos de 100).
Recoméndase investir só ese diñeiro que non prevés necesitar a curto ou medio prazo.

Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagos. Nesta situación, a orde de pago da débeda pendente sería: primeiro as débedas coa Administración, traballadores/as, despois créditos e préstamos, logo os títulos participativos, o capital social voluntario e finalmente o capital social obrigatorio.

Podes ver as condiciones xerais das achegas voluntarias ao capital social de Som Energia nesta ligazón.