Participación voluntaria no capital social

  • Interese do 1,75%, revisión anual por decisión da Asemblea Xeral
  • Capital dispoñíbel con tres meses de preaviso
  • O capital queda na cooperativa até que o socio/a pide o retorno
  • Todo o capital terá o mesmo interese
  • Pago dos intereses anualmente a finais do mes de xaneiro
  • Primeira fase da emisión: Achega mínima de 100 € – máxima 5.000 € (en múltiplos de 100 €). Inicio 18/10/2017, finalización 25/10/2017
  • Segunda fase da emisión: Transcorrida a primeira semana, se non se cubriu o importe total da emisión, o límite máximo pasará a ser de 100.000 €
    • O límite máximo de achegas ao capital social é de 100.000 € por persoa socia. Polo tanto, hai que contar tódolos investimentos no capital social voluntario que se efectuaron con anterioridade (quedan excluídos do reconto os títulos participativos e a Xeración kWh). Por exemplo, se un socio/a xa ten investidos 25.000 €, o importe máximo que poderá investir nesta ocasión é de 75.000€.
  • En condicións excepcionais o Consello Reitor poderá decidir devolver os cartos máis rápidamente
  • Modalidade aberta até lograr a emisión total de 5.000.000 €

Factores de risco (económicos, xurídicos e técnicos) que debedes ter en conta antes de facer a vosa achega:

  • Todos os investimentos faranse en proxectos de enerxías renovábeis, é dicir, proxectos a longo prazo.
  • As condicións meteorolóxicas varían cada ano e inflúen na produción real.
  • En segundo que proxectos, os trámites administrativos poden atrasar a posta en marcha.
  • A inflación anual quizais varía ao alza ou á baixa respecto da prevista no noso modelo de cálculo (2%)
  • Incremento do custo de mantemento respecto ao previsto.
  • O diñeiro investido non está cuberto polo Fondo de Garantía Bancario xestionado polo Banco de España.
  • Som Energia, como calquera outra empresa, podería chegar a entrar en suspensión de pagos. Nesta situación, a orde de pago da débeda pendente sería: primeiro as débedas coa Administración, traballadores/as, logo os créditos e préstamos, despois os títulos participativos, o capital social voluntario e, finalmente, o capital social obligatorio.

Recomendámosvos que só invistades os cartos que non prevexades necesitar a curto ou medio prazo e que repartades os vosos investimentos entre os diferentes instrumentos e entidades existentes para diminuír os riscos.